Programa de incentivos á contratación vinculados ás accións formativas - 2019


  • 28/12/2018
  • 16/12/2019
Tramita dende aquí

TR349X - Programa de incentivos á contratación vinculados ás accións formativas en unidades de formación (2019)

Data de publicación: 28/12/2018

Data inicio de solicitude: 29/12/2018

Data fin solicitude: 16/12/2019

Obxecto

As bases regulan  segunda convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva e no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, para á concesión de incentivos á actividade laboral vinculada ás accións formativas con compromiso de contratación inmediata.

Características da axuda

Os incentivos previstos nesta convocatoria serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais e temporais que realicen as empresas e persoas empregadoras con persoas desempregadas participantes nos proxectos de acción formativa con compromiso de contratación, formalizadas desde o 15 de decembro de 2018 ata o 14 de decembro de 2019.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas traballadoras autónomas.

Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da orde publicada en el DOG

Neste enlace tes máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia

Válido dende: 
venres, 28 Decembro, 2018
Válido ate: 
luns, 16 Decembro, 2019