Axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte de solucións de Industria 4.0 (Re-acciona TIC 2019)


  • 10/01/2019
  • 14/02/2019
Máis información

IG401C - Axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de industria 4.0 (Programa Re-accionaTIC) - 2019

Data de publicación: 10/01/2019

Data inicio de solicitude: 11/01/2019

Data fin solicitude: 14/02/2019

Obxecto

As bases regulan as axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona TIC 2019), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Características da axuda

Estas axudas en especie consisten na execución de servizos do programa Re-acciona TIC 2019, integrados nas seguintes categorías:

a) Servizo de diagnóstico de capacidades e oportunidades para a aplicación de solucións Industria 4.0. Neste servizo analizarase a situación actual da empresa e farase unha detección das súas capacidades para orientarse cara a unha Industria 4.0. Tras a elaboración deste diagnóstico inicial, a contratista identificará as necesidades organizativas e tecnolóxicas que lle permitan á empresa incorporar novas tecnoloxías e preparará un itinerario de implantación tecnolóxico.

b) Servizo de acompañamento na posta en marcha de solucións Industria 4.0. Trátase de xestionar o proxecto de implantación dun mínimo de 2 medidas de solucións Industria 4.0 consideradas de maior relevancia pola empresa procedentes dun diagnóstico de capacidades que pode ser realizado dentro deste programa ou ben pode ser resultado doutra análise que ofreza similares resultados.

c) Servizo de xeración de modelos e simulación industrial. Consiste en executar un proxecto de xeración de modelos e simulacións sobre estes. Deste xeito, debe existir un produto, prototipo ou proceso que sexa susceptible da súa modelización, así como un problema a resolver para o que se necesite realizar procesos de simulación sobre o modelo xerado.

As pemes poderán solicitar axudas para a prestación dun ou varios servizos.
Os servizos adaptaranse en cada unha das prestacións á realidade da peme destinataria. 
Determinados servizos poderían contar coa participación dun bolseiro tutelado polo axente colaborador do Igape, o cal será determinado pola dispoñibilidade destes no Igape, e pola especificidade do servizo que se vai prestar.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas traballadoras autónomas.

Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da resolución publicada no DOG

Válido dende: 
xoves, 10 Xaneiro, 2019
Válido ate: 
xoves, 14 Febreiro, 2019