Axudas á dixitalización Industria 4.0 - 2019


  • 03/06/2019
  • 20/09/2019
Tramita dende aquí

IG300C - Axudas á dixitalización Industria 4.0 (2019)

Data de publicación: 11/01/2019

Data inicio de solicitude: 12/01/2019 Data inicio segunda convocatoria: 03/06/2019

Data fin solicitude: 15/03/2019 Data fin segunda convocatoria: 20/09/2019

Obxecto

Estas bases regulan as axudas destinadas á posta en marcha de proxectos cuxa finalidade sexa a implantación de solucións para o soporte dixital de procesos dunha empresa ou para proxectos de interconexión dixital de procesos entre unha peme galega e outras empresas ou entre dúas ou máis pemes galegas como poden ser ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación, procesos entre un líder industrial cara ás pemes que conforman a súa cadea de valor.

Características da axuda

Os proxectos poderán ser de dúas modalidades:

a) Proxectos colectivos, nos cales un grupo de empresas (opcionalmente coordinadas por un organismo intermedio colaborador) aborda unha das seguintes tipoloxías de proxecto:
1º. Propoñen utilizar e implantar un determinado sistema nas súas interaccións dixitais.
2º. Propoñen a implantación dun sistema de dixitalización, dalgún proceso ou de xestión integral, especificamente deseñado ou desenvolvido para o seu ámbito de actividade.

b) Proxectos individuais nos cales unha peme aborda unha das seguintes tipoloxías de proxecto:
1º. Desenvolvemento dunha interfaz dixital para as súas interaccións de negocio, ou adopción/implantación dunha solución de interacción xa existente cos seus clientes ou provedores
2º. Implementación de sistemas encamiñados á dixitalización de procesos concretos ou de xestión integral (ERP, CRM e similares), interconexión de elementos físicos e virtuais, tratamento de datos captados (intelixencia de negocio, bigdata e similares) e ciberseguridade.
3º. Sistemas de intelixencia artificial, aprendizaxe automática e toma de decisións autónomos.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas traballadoras autónomas.

Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da orde publicada en el DOG

Neste enlace se pode acceder á ficha informativa da axuda na sede electrónica da Xunta de Galicia

Válido dende: 
luns, 3 Xuño, 2019
Válido ate: 
venres, 20 Setembro, 2019