Axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios - 2019


  • 24/01/2019
  • 31/12/2019
Tramita dende aquí

MR443A - Axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios - 2019

Data de publicación: 24/01/2019

Data de inicio solicitude: 25/01/2019

Data de remate solicitude: 31/12/2019

Obxecto

Esta Orde ten por obxecto publicar as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios incluídos no Plan de seguros agrarios combinados para o exercicio 2019. 

A axuda consistirá na subvención dunha porcentaxe sobre a prima comercial base, incluídas bonificacións e recargas, segundo se indica nos anexos da dita Orde

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias, entre outras, as persoas traballadoras autónomas ou por conta propia aseguradas titulares de explotacións agrarias ou de explotacións de acuicultura continental situadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e sempre que subscriban pólizas de seguros de liñas agrícolas do Plan 2019 e liñas gandeiras dos plans 2018 e 2019, formalizadas no 2019.

Neste enlace se pode acceder ao texto completo da Orde.

Válido dende: 
xoves, 24 Xaneiro, 2019
Válido ate: 
martes, 31 Decembro, 2019