Programa I: promoción do emprego autónomo 2019


  • 25/01/2019
  • 30/09/2019
Tramita dende aquí

TR341D - Programa I: promoción do emprego autónomo (2019)

Data de publicación: 25/01/2019

Data inicio de solicitude: 26/01/2019

Data fin solicitude: 30/09/2019

Obxecto

As bases regulan o contido e procedemento de tramitación das axudas aos proxectos dirixidos á creación de emprego autónomo para que, aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas, poidan facer fronte aos distintos gastos orixinados no inicio da dita actividade profesional.

Características da axuda

Subvención a fondo perdido dende os 2.000 € aos 9.000 € segundo a tipoloxía da persoa solicitante.

Persoas beneficiarias

Todas aquelas persoas que causen alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos ou noutro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de setembro do 2019, atendendo ao establecido no artigo 18 das bases da convocatoria.

Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da orde publicada no DOG

Neste enlace tes máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia

Válido dende: 
venres, 25 Xaneiro, 2019
Válido ate: 
luns, 30 Setembro, 2019