Axudas á valorización e á segunda transformación das pemes da industria forestal galega e do contract - 2019


  • 01/03/2019
  • 01/04/2019
Tramita dende aquí

IN500B - Axudas á valorización e á segunda transformación das pemes da industria forestal galega e do contract (2019)

Data de publicación: 01/03/2019

Data inicio de solicitude: 02/03/2019

Data fin solicitude: 01/04/2019

Obxecto

As bases regulan as axudas dirixidas á valorización, potenciación, innovación e mellora das pequenas e medianas empresas da industria forestal de Galicia e do contract.

Características da axuda

Serán subvencionables os proxectos de investimento realizados polas pequenas e medianas empresas (incluídas as persoas autónomas) que utilicen a madeira, a resina, a cortiza ou outras materias de orixe forestal, exceptuando os produtos agroalimentarios, como materia prima para a elaboración dos seus produtos nos seus procesos de produción e que teñan como obxectivo aumentar a súa produtividade ou a implantación de técnicas que permitan obter novos produtos ou produtos valorizados ou procesos que favorezan a minoración do impacto ambiental. 

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas traballadoras autónomas que utilicen a madeira, a resina, a cortiza ou outras materias de orixe forestal, exceptuando os produtos agroalimentarios, como materia prima para a elaboración dos seus produtos nos seus procesos de produción.

Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da orde publicada no DOG

Válido dende: 
venres, 1 Marzo, 2019
Válido ate: 
luns, 1 Abril, 2019