Programa Emprega Xuventude de incentivos á contratación e formación de persoas mozas


  • 09/04/2019
  • 30/09/2019
Tramita dende aquí

TR349T - Subvencións para o Programa Emprega Xuventude de incentivos á contratación e formación de persoas mozas (2019)

Data de publicación: 9/04/2019

Data inicio de solicitude: 10/04/2019

Data fin solicitude: 30/09/2019

Obxecto

Estas bases regulan o contido e o procedemento de tramitación das subvencións en concorrencia non competitiva coa finalidade de facilitar a inserción laboral das persoas mozas menores de 30 anos desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo, e favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade.

Por medio desta convocatoria as empresas e persoas empregadoras terán a posibilidade de obter axudas para a contratación indefinida inicial, a contratación temporal cunha duración inicial mínima de 12 meses e formación por conta allea, que se celebren ou se teñan celebrado dende o 1 de outubro de 2018 ata o 30 de setembro de 2019 con persoas desempregadas menores de 30 anos.

Características da axuda

Inclúense dous tipos de axuda compatibles:

a) Bono de contratación, como subvención para a contratación indefinida inicial e a temporal cunha duración mínima inicial de doce meses das persoas desempregadas mozas menores de 30 anos (Ata un maximo de 9.000€ no caso de ser unha empresa con máis de 50 persoas traballadoras e cunha taxa de estabilidade igual ou superior ao 70% e cunha actividade pertencente ao ámbito de sectores estratéxicos definidos)

b) Bono de formación, que de xeito opcional, vai dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo (Ata un máximo de 4.000€ por cada persoa traballadora dada de alta)

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas traballadoras autónomas que contraten a persoas traballadoras por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co resto de requistos e condicións que se establecen na convocatoria,.

Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da resolución publicada no DOG

Neste enlace tes máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia

Válido dende: 
martes, 9 Abril, 2019
Válido ate: 
luns, 30 Setembro, 2019