Subvencións para a mobilidade eficiente e sostible (Programa MOVES)


  • 16/04/2019
  • 31/12/2019

IN421R - Subvencións para a mobilidade eficiente e sostible (Programa MOVES)

Data de publicación: 16/04/2019

Data inicio de solicitude: 16/06/2019

Data fin solicitude: 31/12/2019

Obxecto

Aprobación da convocatoria de axudas correspondente as anualidades 2019-2021 para a concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (Programa MOVES).

Actuación 1: adquisición de vehículos de enerxías alternativas, será obrigatorio o achatarramento dun vehículo M1 de máis de dez anos ou dun vehículo N1 de máis de sete anos para as adquisicións de vehículos novos M1 ou N1.

Actuación 2: implantación de infraestruturas de recarga de vehículos eléctricos.

Actuación 3: implantación de sistemas de préstamos de bicicletas eléctricas.

Actuación 4: implantación de medidas contidas en plans de transporte ao traballo en empresas.

Características da axuda

Con carácter xeral, as axudas serán as seguintes:

Actuación 1: establécese un límite de axudas de 30 vehículos por destinatario último salvo para persoas físicas, que terán un límite dun vehículo por destinatario último. Os importes específicos son os indicados no axexo III do Real Decreto 72/2019 (consultar neste enlace)

Actuación 2: establécese un límite de axudas de 100.000 € por destinatario último e convocatoria. Para infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos, a axuda será o 30% do custo subvencionable para empresas privadas e do 40% para persoas físicas, comunidades de propietarios e entidades públicas sen actividade comercial ou mercantil.

Actuación 3: establécese un límite de axudas de 100.000 € por destinatario último e convocatoria. Para os sistemas de préstamo de bicicletas eléctricas, a axuda será o 30% do custo subvencionable.

Actuación 4: establécese un límite de axudas de 200.000 € por destinatario último e convocatoria. Para as medidas que se deriven dun Plan de Transporte ao Traballo, a axuda será do 50% do custo subvencionable.

Persoas beneficiarias

Actuacións 1 e 2 :

  • Profesionais e autónomos
  • Persoas físicas
  • Comunidades de propietarios
  • Persoas xurídicas e outras entidades con ou sen personalidade xurídica cuxo NIF comece polas letras A, B, C, D, E, F, G, J, N, R ou W.
  • O sector público: Administración do Estado, Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e Administración local e sector público institucional.

Actuacións 3 e 4 :

  • Profesionais e autónomos
  • Persoas xurídicas e outras entidades con ou sen personalidade xurídica cuxo NIF comece polas letras A, B, C, D, E, F, G, J, N, R ou W.
  • O sector público: Administración do Estado, Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e Administración local e sector público institucional.

Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da orde publicada no DOG

Neste enlace tes máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia

Válido dende: 
martes, 16 Abril, 2019
Válido ate: 
martes, 31 Decembro, 2019