Subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas - 2019


  • 26/04/2019
  • 27/05/2019
Tramita dende aquí

IN421G - Subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas - 2019

Data de publicación: 26/04/2019

Data inicio de solicitude: 27/04/2019

Data fin solicitude: 27/05/2019

Obxecto

As bases regulan o contido e procedemento de tramitación das subvencións para apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso racional das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible e outras instalacións de enerxías renovables que utilicen como fonte enerxética a xeotermia, a aerotermia e a solar térmica.

Características da axuda

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva de ata o 50%, cun máximo de 250.000 euros segundo os distintos tipos de proxectos susceptibles de ser subvencionados:

1. O equipamento principal de xeración enerxética (paneis solares, bomba de calor, caldeira….). No caso da biomasa, o custo do equipamento térmico e os seus accesorios principais (sistema de regulación e control, sistemas de limpeza, depuración de fumes, extracción de cinzas).

2. O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.

3. O custo do sistema de almacenamento do combustible.

4. O custo do sistema de alimentación do combustible.

5. O custo de montaxe e conexión.

6. No caso da enerxía xeotérmica, o sistema de captación do recurso xeotérmico: sondaxes, intercambiadores, acumuladores, tubaxes, etc.

7. No caso de redes de distribución de calor con biomasa, o custo da rede de distribución de enerxía térmica (ata a sala de caldeira existente se se conecta a ela ou, no caso contrario, ao punto de entrada ao edificio) e, de ser o caso, o custo dos sistemas para a conexión coas salas de caldeiras existentes. A obra civil necesaria da sala de caldeiras.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas traballadoras autónomas.

Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da resolución publicada no DOG

Neste enlace tes máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia

Válido dende: 
venres, 26 Abril, 2019
Válido ate: 
luns, 27 Maio, 2019