Axudas do Programa de crecemento empresarial - 2019


  • 06/07/2019
  • 21/09/2019
Tramita dende aquí

464624 -  Axudas para impulsar o crecemento da industria española dentro do proxecto "Programa de crecemento empresarial"

Data de publicación: 6 de xullo de 2019

Data de inicio solicitude: 8 de xullo de 2019

Data de remate solicitude: 21 de setembro de 2019

Obxecto

O obxecto que se pretende con estas axudas é impulsar o crecemento da industria española, a través das empresas industriais con fabricación en España.

Características da axuda

A axuda en especie obxecto das bases reguladoras será a recepción dun asesoramento especializado e individualizado que incluirá un diagnóstico da situación de partida da empresa beneficiaria, a elaboración dun plan de asesoramento temático, así como o seguimento do plan.

O asesoramento prestarase a través de reunións individualizadas coas empresas beneficiarias, e contará con 50 horas de asesoramento individualizado. O devandito asesoramento terá a condición de axudas en especie. O custe do servizo de asesoramento é de 6.497,29€, dos que a empresa beneficiaria só abonará 974,59€ (impostos incluídos).

A empresa beneficiaria recibirá dentro do asesoramento especializado os seguintes servizos:

  • Diagnóstico previo da situación de partida da empresa
  • unha análise interna da organización e do negocio,
  • o Plan de Asesoramento personalizado,
  • seguimento e avaliación do Plan de Asesoramento e
  • as visitas necesarias ás instalacións da industria beneficiaria (2 na fase de diagnóstico e 2 no asesoramento temático)

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias desta subvención, entre outras, as persoas físicas que desenvolvan ou vaian desenvolver unha actividade industrial produtiva sempre que o seu obxecto social se refira a actividades encadradas na Sección C - Divisións 10 a 32 da Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE 2009).

Neste enlace pódese acceder ao texto completo da resolución.

Neste enlace dáse máis información no portal web da EOI.

Válido dende: 
sábado, 6 Xullo, 2019
Válido ate: 
sábado, 21 Setembro, 2019