Subvencións en materia de ecoinnovación comercial - 2019


  • 10/07/2019
  • 09/08/2019
Tramita dende aquí

CO300D - Subvencións para actuacións en materia de ecoinnovación comercial para o 2019

Data de publicación: 09/07/2019

Data inicio solicitude: 10/07/2019

Data fin solicitude: 09/08/2019

Obxecto

Execución de proxectos ecoinnovadores no desenvolvemento da actividade comercial, dentro dos seguintes ámbitos:

  • E-Ticket.
  • Ecoenvases.
  • Economía circular.

Características da axuda

As características da axuda varían en función da liña seleccionada e a actividade concreta dentro desta, segundo se especifica no artigo 4.1 das bases de convocatoria.

Persoas beneficiarias

Persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que, en todo caso, encaixen nos seguintes supostos:

  • Comerciantes retallistas que cumpran os requisitos establecidos nas bases da convocatoria.
  • Obradoiros artesáns que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. 
  • Asociacións de vendedores das prazas de abastos, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas, e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Asociacións de comerciantes de carácter territorial, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia, que leven a cabo proxectos de interese e transcendencia en centros comerciais abertos

Neste enlace se pode acceder ao texto completo da orde.

Neste enlace dáse máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Válido dende: 
mércores, 10 Xullo, 2019
Válido ate: 
venres, 9 Agosto, 2019