Axudas á internacionalización dixital das pemes galegas (Galicia Exporta Dixital) - 2020


  • 24/01/2020
  • 24/03/2020
Accede dende aquí

IG401D - Axudas á internacionalización dixital das pemes galegas (Galicia Exporta Dixital) - 2020

Data de publicación: 24/01/2020

Data inicio de solicitude: 25/01/2020

Data fin solicitude: 24/03/2020

Obxecto

As bases teñen por obxecto apoiar as empresas galegas nos seus procesos de internacionalización dixital conscientes de que o desenvolvemento das tecnoloxías dixitais supón un enorme potencial para a mellora da competitvidade nos mercados internacionais.

Considérase que o desenvolvemento de plans empresariais de internacionalización dixital repercute nas posibilidades de negocio, posibilitando a presenza en mercados, facilitando o aceso a clientes, reducindo os custos de transacción e publicidade, e permiten abrir canles comerciais novos, achegando así medios máis eficaces para a potenciación de actividades económicas internacionais e o incremento das exportacións.

O obxecto último destas bases é o desenvolvemento e a implementación dun plan de internacionalización dixital de empresa.

Características da axuda

Só se poderá presentar e aprobar unha solicitude por empresa, cun gasto subvencionable mínimo, igual ou superior a 25.000 € e máximo de 125.000 € por empresa. De superar este máximo, procederase a axustar o gasto a este límite máximo. 

En concreto, subvenciónanse os seguintes tipos de gastos:

A. Consultaría necesaria para a elaboración de:

a) Diagnóstico de potencial exportador dixital.
b) Plans de internacionalización dixital multicanle.
c) Plans de mercados electrónicos concretos.
d) Gastos de asesoría xurídica e legal para a internacionalización dixital.

B. Software de:

a) Soluciones tecnolóxicas P.I.M. (Product Information Management) para crear, xestionar e conectar catálogos dixitais internacionais multi-idioma.
b) Adquisición, programación a medida e integración de conectores entre plataformas e con sistemas de información (ERPs). 
d) Solucións de intelixencia automatizada para a optimización da supply chain e do fullfillment, por exemplo, para a venda preditiva e o aprovisionamento.
e) Solucións de inbound márketing internacional para lograr captar, reter, converter e fidelizar a usuarios de interese obxectivo do negocio on line. Inclúese desde a compra das solucións tecnolóxicas, a súa integración e tamén a súa xestión como servizo a vendedores on line por parte de axencias.

C. Outros gastos de:

a) Creación e adaptación de tendas on line e catálogos on line para o márketing e vendas en mercados electrónicos obxectivo, tanto B2B como B2C.
b) Campañas de posicionamento SEM en directorios internacionais con buscadores e en plataformas.
c) Servizos de call center internacionais para dar soporte á venda on line. 

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as personas físicas que:

a) Teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Estean dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013. En todo caso, a solicitude de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización deberá presentarse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.

c) Estean ao día nas súas obrigas coa Facenda pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.


Publicación DOG Ficha informativa na sede electrónica

Válido dende: 
venres, 24 Xaneiro, 2020
Válido ate: 
martes, 24 Marzo, 2020