Programa I: promoción do emprego autónomo - 2020


  • 03/02/2020
  • 30/09/2020
Accede dende aquí

TR341D - Programa I: promoción do emprego autónomo - FSE 2020

Data de publicación: 03/02/2020

Data inicio de solicitude: 04/02/2020

Data remate solicitude: 30/09/2020

Obxecto

A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral.

Características da axuda

Co obxecto de axudar ás persoas desempregadas ao inicio e ao mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma e deste xeito facilitarlle ingresos durante o inicio da súa actividade laboral, establécese para todas aquelas persoas que teñan a condición de beneficiarias de acordo co establecido no artigo 18, segundo a súa situación no momento de inicio da activid de laboral, unha subvención segundo o modelo de custes simplificados asociados á operación.

A contía mínima establécese en 2.000€ e, a contía máxima posible de aplicárense todos os incrementos, sería de 9.000 €.

Persoas beneficiarias

Todas aquelas persoas que causen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2019 e o 30 de setembro de 2020, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, sempre que cumpran as condicións establecidas no artigo 18 da súa convocatoria.

Publicación DOG Ficha sede electrónica Orde modificación

Válido dende: 
luns, 3 Febreiro, 2020
Válido ate: 
mércores, 30 Setembro, 2020