Subvencións para implantar as normas UNE para a certificación da marca Q de calidade turística - 2020


  • 02/03/2020
  • 02/04/2020
Accede dende aquí

TU970A -  Subvencións para implantar as normas UNE que conduzan á certificación da marca Q de calidade turística do ICTE - 2020

Data de publicación: 2 de marzo de 2020

Data de inicio solicitude: 3 de marzo de 2020

Data de remate solicitude: 2 de abril de 2020

Obxecto

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Turismo de Galicia, para os procesos de certificación de normas UNE que conduzan á obtención, seguimento e renovación da marca Q de Calidade Turística do ICTE (Instituto para a Calidade Turística Española).

Consideraranse actuacións subvencionables as dirixidas á mellora da calidade turística mediante procesos de primeira certificación, seguimento e/ou renovación da marca de Calidade Turística Q do ICTE, correspondentes ao ano 2020 e que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2020.

Características da axuda

Esta subvención atenderá aos seguintes custes subvencionables:

  • Os custos de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación do sistema, facturados por entidade auditora acreditada polo ICTE para a realización da auditoría de certificación, seguimento ou renovación. Só se terán en conta as xustificacións de gasto con data da auditoría de certificación posterior; quedan excluídos os gastos xerados polo persoal dependente dos establecementos, así como aqueles gastos en que incorra o solicitante durante o proceso de implantación da correspondente norma UNE. Os importes obxecto de subvención serán os derivados, exclusivamente, dos custos de auditoría do ano 2020.
  • Os custos derivados dos dereitos de uso da marca Q no ano 2020, unha vez acadada a certificación, o seguimento e/ou a renovación do establecemento, facturados polo ICTE ao establecemento.

A porcentaxe máxima de axuda sobre o investimento subvencionable calcularase con base na puntuación que alcancen os proxectos presentados, cun máximo dun 50%.

En calquera caso, as subvencións concedidas non poderán superar os seguintes límites máximos:

  • 2.000 euros para os procesos de 1ª certificación e/ou renovación da marca Q e de 1.000 euros para procesos de seguimento.
  • Para as solicitudes cuxa auditoría externa se realice mediante a modalidade multi-site, o importe subvencionado por este concepto será dun máximo de 3.000 euros para procesos de 1ª certificación e/ou renovación da marca Q e de 2.000 euros para procesos de seguimento.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias desta subvención, entre outras, as persoas físicas ou xurídicas titulares de establecementos ou servizos turísticos que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan inscrita a actividade turística para a cal se solicita a axuda no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia.


Publicación DOG Ficha sede

Válido dende: 
luns, 2 Marzo, 2020
Válido ate: 
xoves, 2 Abril, 2020