O PRAZO DE SOLICITUDE PECHOUSE O 23 DE MARZO  

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas ou entidades beneficiarias as persoas traballadoras autónomas, persoas físicas ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo; as microempresas e as pemes do sector de hostalaría que cumpran estes requisitos:

– Ter domicilio fiscal en Galicia.

– Estar afectada polos supostos de peche do establecemento, ou no caso de hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos, polo peche perimetral do concello en que se sitúen, ditados pola autoridade sanitaria ou a autoridade competente delegada da Xunta de Galicia nas ordes e decretos que se publicaron desde o 4 de xaneiro en relación coas medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria.

Contía da axuda económica

O importe da axuda por establecemento determinase en función da data de peche do mesmo, ou no caso de hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos pola data peche perimetral do concello en que se sitúen do seguinte xeito:


– Os establecementos pechados desde o 27 de xaneiro de 2021 percibirán unha axuda única de 1.900 €.
A mesma cantidade percibirán os hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamento cuxos concellos fosen obxecto de peche perimetral desde o 27 de xaneiro de 2021.

– Os establecementos pechados desde o 21 de xaneiro de 2021, percibirán unha axuda única de 2.200 €.
A mesma cantidade percibirán os hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamento cuxos concellos fosen obxecto de peche perimetral desde o 21 de xaneiro de 2021.

– Os establecementos pechados, en virtude de dous ou mais ordes das comprendidas nas alíneas b), d), f) e h) do artigo 18.1 percibirán unha axuda única de 2.700 €.
A mesma cantidade percibirán os hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamento cuxos concellos fosen obxecto de peche perimetral en virtude de dous ou mais decretos dos comprendidos nas alíneas a), c), e) e g) do artigo 18.1.

No caso dos establecementos que ocupen 10 persoas traballadoras ou máis de 10 incrementarase en 1.000 € a cantidade sinalada nas alíneas anteriores.

As axudas concederanse para cada establecemento paralizado podendo ter a persoa beneficiaria máis dun establecemento con dereito á axuda. Deste xeito deberá presentarse unha única solicitude por titular e, no caso de ser titular de máis dun establecemento afectado polo peche das ordes citadas no artigo 18, nesa mesma solicitude figurarán todos os establecementos afectados polo peche dos cales sexa titular.


Máis información no teléfono gratuito 900 815 600

(Horario de atención: de luns a venres de 8:00 a 18:00 horas)


Publicación DOG Infografía explicativa