Obxectivo

O proxecto piloto de mentoring promovido pola Consellería en cooperación coa Fundación Ronsel ten como obxectivo axudar a 200 autónom@s de Galicia a reducir os riscos na súa actividade profesional, co acompañamento para a consolidación dos seus negocios e contribuír, mediante melloras nas áreas de xestión, ao incremento dos seus contactos profesionais e a súa actividade económica.

Condicións imprescindibles para participar

Neste proxecto piloto son beneficiarios do proxecto as mulleres e homes que, estando de alta como autónom@s:

a. Se inscribiron neste proxecto, de forma voluntaria e dentro do período temporal marcado

b. Teñen o seu domicilio fiscal en Galicia,

Prioridade para participar no proxecto

Entre as persoas que cumpran as anteriores condicións, tiveron prioridade: 

 Primeiramente os autónom@s que teñan unha antigüidade mínima de 42 meses de actividade profesional,

 E, seguidamente, aqueles que cumpran canto menos unha das seguintes condicións:

i. Ter recibido a axuda do programa de promoción de emprego autónomo ou do programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación entre os anos 2015 e 2019 (ambos os dous incluídos).

ii. Se teña acollido ao programa "segunda oportunidade" ou "remuda xeracional", dende a existencia dos mesmos ata hoxe.

Plan de acción do proxecto

Cada autónom@ participante asistirá a un obradoiro de formación de 4 horas para coñecer o proceso do Mentoring e os seus protocolos de actuación.

A cada autónom@ participante se lle asignará un mentor ou mentora (“matching”) en función das características indicadas na ficha de inscrición.

Cada “matching” celebrará un mínimo dunha reunión mensual, cunha duración estimada de 2 horas durante un período máximo dun ano.

Ao finalizar o “matching” formalizarase o seu peche e analizaranse os obxectivos acadados.

Prazo de inscrición no proxecto

O prazo de inscrición para participar no proxecto estivo aberto entre o 13 de marzo e o 30 de abril de 2020 tendo agotadas as prazas dispoñibles.

Tes algunha dúbida ou pregunta?

Se tes algunha dúbida ou pregunta, contacta coa oficina do emprego autónomo e che axudaremos

Podemos axudarche?