Axudas ao fomento do emprendemento entre a mocidade da provincia da coruña - Proxecto PEL Rurinnova


  • 04/08/2020
  • 31/08/2020
Accede desde aquí

BDNS517934 - Liña de axudas PEL 2020 Rurinnova Xuventude Emprendedora - 2020

Data de publicación: 4 de agosto de 2020

Data inicio de solicitude: 5 de agosto de 2020

Data remate de solicitude: 31 de agosto de 2020

Obxecto

As bases teñen por obxecto convocar as axudas para o fomento do autoemprego e a creación de empresas a través de accións e medidas dirixidas ao desenvolvemento de iniciativas empresariais da mocidade mediante o traballo autónomo, empadroados en concellos de menos de 10.000 habitantes da provincia da Coruña.

Características da axuda

Subvencionarase a incorporación ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos (en adiante RETA) de cada persoa moza, xa sexa como persoa física ou como persoa xurídica, a través da creación dunha nova iniciativa empresarial.

A contía da axuda a recibir pola alta como traballador/a autónomo/a xove será igual ao resultado de multiplicar o Salario Mínimo Interprofesional (SMI) do ano vixente por 0,75 e polo número de meses que o mozo ou moza estando de alta no réxime de autónomos, soliciten e xustifiquen, sendo sempre este período temporal superior a 6 meses.

No caso de persoa xurídica o número máximo de altas a subvencionar será de 3 persoas.

Persoas beneficiarias

Estas axudas van dirixidas a persoas mozas menores de 30 anos da provincia da Coruña, empadronadas en concellos con poboación igual ou inferior a 5.000 habitantes ou de 5.001 a 10.000 habitantes con saldo demográfico negativo e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil que promovan iniciativas empresariais de nova creación incorporadas ao réximen de autónomos como persoas físicas ou como persoas xurídicas desde o 1 de abril de 2019.


Publicación bases Publicación convocatoria

Válido desde: 
Martes, 4 Agosto, 2020
Válido hasta: 
Lunes, 31 Agosto, 2020