Últimos días para solicitar os servizos avanzados do programa Re-Acciona

As persoas autónomas interesadas en acollerse de inmediato á vixente oferta de diagnósticos integrais e servizos avanzados para facilitar a mellora da competitividade das pemes e persoas autónomas galegas convocada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape e no marco do Programa Reacciona, poden solicitalo ata o próximo venres, 15 de setembro.

O programa ReAcciona do Igape ten como obxectivo principal incrementar as competencias dos xestores das empresas, para que as melloras introducidas na xestión poidan ter carácter permanente. Esta iniciativa pon a disposición das pemes e das persoas autónomas un amplo conxunto de servizos para facilitar a implantación de melloras en ámbitos como a optimización do financiamento, o relanzamento comercial, a estratexia ou os procesos de produción, na procura dun impacto positivo global nas súas organizacións.

Máis información neste enlace

Compartir esta noticia