Actualizada a ferramenta TIC da Xunta para a xestión da RSE

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de actualizar cunha nova versión do software a ferramenta dixital Xunta PRO-RSE, que permite ao tecido empresarial galego a xestión da Responsabilidade Social Empresarial (RSE) de xeito gratuíto, facendo unha diagnose da situación da empresa para a posterior elaboración de memorias de responsabilidade social, xerando o informe de sustentabilidade necesario para realizar as ditas memorias.

Esta nova versión permite ás pemes mellorar a súa estratexia empresarial de xeito sinxelo, integrando accións de RSE e a relación das empresas cos seus grupos de interese. Entre as melloras que ofrece esta actualización figura a adaptación ao novo estándar GRI Standards, creando novos indicadores e adaptando os anteriores.

Igualmente, agora inclúe os 17 Obxectivos do Desenvolvemento Sostible da ONU (ODS) nun novo módulo. Deste xeito, o software Xunta PRO-RSE convértese nunha solución clave para as empresas responsables que queiran facer unha xestión áxil, eficiente e intuitiva da súa RSE co obxectivo de reportar resultados, facer controis de progreso e os indicadores determinantes da boa marcha da empresa.

Máis información

Acceso á ferramenta Xunta PRO-RSE