Entrega dos Premios Emprendedor XXI

Coa presenza do Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, D. Francisco Conde e representantes de Caixabank, promotores desta iniciativa de recoñecemento.

O vindeiro 6 de marzo en Vigo, farase entrega da XI edición dos Premios Emprendedor XXI á empresa con maior potencial de crecemento na Comunidade Autónoma de Galicia no último ano, coa colaboración do IGAPE.

O acto, que comezará ás 11.30 horas, terá lugar na sede do Círculo de Empresarios de Galicia (Avenida García Barbón, 62), facéndose entrega dos galardóns á empresa gañadora e ás finalistas.

Estes premios teñen como obxectivo identificar, recoñecer e acompañar ás novas empresas con maior potencial de crecemento no seu sector (Ciencias da vida, Tecnoloxías da información, Negocios dixitais, Tecnoloxías industriais e Agroalimentario) e tamén con maior impacto no seu territorio.

Dende a súa creación no ano 2007, se teñen investido preto de 4,2 millóns de euros en premios e se ten recoñecido a case 290 empresas a nivel estatal. 

Inscrición neste enlace