Programa formativo "A transformación loxística e a industria 4.0", organizado por CEAGA e IGAPE

O clúster das empresas de automoción de Galicia (Ceaga) organiza, co apoio do Igape e contando con financiamento do Fondo Social Europeo (FSE), a segunda edición do programa formativo "A transformación da loxística nunha contorna de Industria 4.0. Camiñando cara a competividade, a eficiencia e a flexibilidade en toda a cadea de suministro".

O curso vai dirixido aos profesionais da loxística que queren estar ao corrente das transformacións, tendencias e tecnoloxías emerxentes no ámbito da Industria 4.0, e ten como obxectivo aportarlles coñecementos e ferramentas que lles axuden na toma de decisións, así como proporcionarlles un foro no que teñan a oportunidade de compartir experiencias, retos e boas prácticas no contexto da loxística 4.0.

Esta actividade formativa, que se desenvolverá durante o próximo mes de novembro e que ten unha duración de 31 horas, forma parte do programa Formación Industria 4.0 posto en marcha polo Igape coa colaboración de organismos empresariais.

prazo de inscrición remata o 15 deste mes de outubro.

Programa e inscricións

Compartir esta noticia