Aberto o prazo para as axudas para a implantación da RSE, a igualdade e a conciliación

A Consellería de Economía, Emprego e Industria ten aberto o prazo ata o vindeiro 14 de marzo para que as pemes e as persoas traballadoras autónomas de Galicia soliciten as axudas para implantar a RSE, a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal, que constan de tres liñas:

Liña I: Certificacións de RSE. Subvencionarase o 80% dos custos do proceso de obtención dunha certificación ou informe de verificación ou validación de códigos de conduta, normas ou estándares en materia de RSE cun máximo de 3.000 euros por empresa ou grupo de empresas.

Liña II: Elaboración e implantación de plans de igualdade. Poderán ser subvencionables os seguintes conceptos: diagnose da realidade da empresa, elaboración dun plan de igualdade, primeira fase de implantación do plan ou contratación a xornada completa dunha persoa con titulación e experiencia ou coñecementos acreditados en materia de igualdade.

Liña III: Conciliación da vida laboral, familiar e persoal. Comprende tres subliñas:

Subliña 1: Incentivos económicos para o fomento do teletraballo
Subliña 2: Incentivos económicos para o fomento da flexibilidade horaria
Subliña 3: Axudas para os investimentos tendentes a garantir e mellorar o dereito á conciliación da vida familiar e laboral

Maís información neste enlace

Compartir esta noticia