Business Factory Food: Presentación da 1ª aceleradora galega do sector da Alimentación

A Xunta de Galicia, en colaboración co Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA), presenta a Business Factory Food (BFFood), a primeira aceleradora galega do sector da alimentación, o vindeiro 22 de marzo de 2019 ás 10 h.

O acto terá lugar en Santiago de Compostela, no edificio CINC da Cidade da Cultura.

As persoas participantes no acto terán a oportunidade de coñecer de primeira man o programa e os obxectivos da primeira edición da aceleradora que se pon en marcha. Ademais, poderán asistir a unha mesa redonda na que expertos e directivos de empresas galegas alimentarias abordarán os retos que afronta o sector na actualidade, especialmente os relativos á incorporación á Industria 4.0.

A BFFood é unha iniciativa promovida polo Igape, Gain, XesGalicia e CLUSAGA, na que colaboran empresas galegas tractoras do sector, como Grupo Calvo, Grupo Nueva Pescanova, Bodegas Martin Codax, Kiwi Atlántico, Clavo Food Factory, CLUN Cooperativas Lácteas Unidas, Quescrem e Torre de Nuñez. Ademais, participan entidades como as Universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña, Anfaco-Cecopesca, a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA), Gradiant, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e a Fundación FEUGA.

Acceso ao programa do acto

Inscrición para asistir

Compartir esta noticia