A EGAP e o ISSGA convocan unha nova edición dun curso de PRL para persoas traballadoras autónomas

O DOG ven de publicar este luns 17 de febreiro a convocatoria de tres edicions dun curso de prevención de riscos laboráis, nivel básico, para persoal empregado público, persoa traballadora por conta allea, persoa traballadora autónoma, empresaria e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

Este novo curso é froito do convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convocándose un curso en materia de prevención de riscos laborais en tres edicións:

Código: CV20009. Prevención de riscos laborais. Nivel básico. Issga. Este curso ten como obxectivo proporcionar a formación que establece o anexo IV do Regulamento dos servizos de prevención (Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro) que capacita para o desenvolvemento das funcións de nivel básico en prevención de riscos laborais. O curso impartirase en modo teleformación e conta cunha duración de 60 horas por edición e cun máximo de 75 prazas.

O prazo de solicitudes estará aberto entre o 18 e o 27 de febreiro de 2020 e o curso se desenvolverá entre o 11 de marzo e o 6 de maio de 2020.


Publicación DOG

Compartir esta noticia