Aberto o prazo para a presentación de solicitudes para o Cheque Autónomo Seguimos adiante

A Xunta mantén activa a nova liña de apoio ás persoas traballadoras autónomas para facilitar a adaptación á situación derivada da COVID-19 e facilitar a recuperación deste colectivo.

Ata o vindeiro día 6 de agosto as persoas autónomas poderán solicitar as axudas deste programaque ofrece financiamento do 100%, ata un límite de 1.800 euros, e inclúe anticipos do 100% dos gastos realizados desde a declaración do estado de alarma ata o 31 de decembro deste ano.

Os apoios cobren gastos do día a día como son a loxística e o transporte de envíos (ata 3 euros por envío); o pagamento por estar nunha plataforma de e-commerce local; o pago por licenza de uso de software de venda online; promoción en redes sociais; gastos correntes de seguridade motivados pola COVID-19, entre os que se encontran os gastos en máscaras, luvas, desinfectante, limpeza, biombos e asesoramento en prevención de riscos laborais; e os gastos de subministracións e telecomunicacións.


Máis información

Compartir esta noticia