Publicados os Premios Galegos de Innovación e Deseño - 2020

O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a resolución do 25 de setembro de 2020 da Axencia Galega de Innovación pola que se establecen as bases reguladoras dos Premios Galegos de Innovación e Deseño 2020.

Estes premios están dirixidos ás persoas físicas ou xurídicas que teñan polo menos un establecemento permanente en Galicia, validamente constituído, que manteña a súa actividade.

As categorías que se definen na convocatoria son as seguintes:

a) Premios Galegos de Innovación:

Categoría «Traxectoria Innovadora»: empresarios e profesionais cunha traxectoria de polo menos dez anos en que a innovación fose unha das súas características relevantes.

Categoría «Grande Empresa»: grandes empresas cunha actividade innovadora de polo menos dez anos.

Categoría «Pequena e Mediana Empresa»: pequenas e medianas empresas con demostrada actividade innovadora de polo menos cinco anos.

b) Premios Galegos de Deseño:

Premiarán persoas, institucións e organizacións que destaquen polo seu labor de posta en valor do sector do deseño galego.

Categoría «Profesionais»: profesionais do deseño (persoas físicas ou equipos de profesionais) cunha traxectoria de polo menos dez anos de recoñecido prestixio no sector.
Categoría «Empresas»: empresas consolidadas que incorporasen o deseño á súa estratexia empresarial durante polo menos dez anos.
Categoría «Mozos/as Deseñadores/as»: dirixido a aqueles creadores, cunha idade que non exceda os trinta e cinco anos no día de presentación da candidatura, e cunha traxectoria profesional inferior a dez anos.

Con estes premios, a Axencia Galega de Innovación busca recoñecer o labor de persoas e empresas galegas pola súa excelente contribución á innovación como un elemento indispensable no desenvolvemento da súa estratexia profesional e o seu crecemento empresarial, alcanzando con iso altas cotas de competitividade nos mercados, tanto galegos, nacionais como internacionais.

Así mesmo, trátase de recoñecer aos profesionais e empresas que contribúen significativamente á mellora do prestixio do deseño galego e ás empresas que, ao incorporalo á súa estratexia empresarial, demostran que o deseño actúa como como motor de innovación e competitividade.

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados a partires do día seguinte á publicación no DOG.

Sede electrónica Máis información

Compartir esta noticia