Dispoñible servizo telemático de consulta mensual da cota a ingresar á Seguridade Social

A partires de hoxe a Seguridade Social ofrece, a través da súa Sede Electrónica, a posibilidade de que calquera persoa adherida ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) poida consultar cada mes, de forma telemática, a cota que se lle cargará na súa conta bancaria o último día habil do mes correspondente. Esta consulta estará habilitada dende o día 26 de cada mes.

Isto poderán facelo a través do seu novo Servicio de Consulta de Recibos Emitidos para el Régimen Especial de Trabajadores Autónomos, ao que se pode acceder directamente a través deste enlace e, unha vez na páxina, seleccionando na mesma o modo de identificación (certificado electrónico, usuario e contrasinal, Cl@ve ou vía SMS).

Ademais, dende este novo servizo poderanse consultar en calquera momento as cotas xa emitidas pola Tesourería Xeral da Seguridade Social a cargo da persona na correspondente conta bancaria dende xullo de 2018, se ben esta información non certifica que ditas cotas fosen aboadas efectivamente.

Aínda que de momento este servizo só está dispoñible para persoas afiliadas ao RETA, a Seguridade Social indica a súa intención de extendelo no futuro ás persoas traballadoras autónomas do Réxime Especial do Mar, traballadoras agrarias por conta allea durante os períodos de inactividade, persoas incluídas no Sistema Especial de Empregados do fogar e persoas subscritoras de convenios especiais.

Máis información na Revista da Seguridade Social

Compartir esta noticia