Remuda xeracional para as persoas autónomas  - Programa Bono Renova


Actualmente aberto o prazo de solicitude para o ano 2020 do Programa bono renova

(Programa de remuda xeracional nos negocios das persoas traballadoras autónomas, código de procedemento TR 341S)


Obxecto

Fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas do Programa do bono renova nos negocios das persoas traballadoras autónomas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

A finalidade deste programa é a concesión de axudas económicas para a realización dunha remuda xeracional ordenada nos negocios das persoas traballadoras autónomas.

Características da axuda

persoa transmisora terá unha subvención de 5.000€ para compensar os gastos derivados do traspaso.

No caso de que o negocio teña varias persoas donas a axuda consistirá no pagamento desa contía en propocíón a súa participación.

No caso das persoas traballadoras autónomas societarias, para ser beneficiarios desta axuda, a transmisión das accións ou participacións da sociedade debe supoñer o control da sociedade por parte do adquirente, é dicir, posuír máis do cincuenta por cento das accións ou participacións da sociedade.

Tamén será beneficiaria da axuda a persoa adquirinte, que terá tres liñas de axudas:

a) Bono asesoramento: A persoa adquirente terá unha axuda consistente no pagamento do 100 % cun límite de 3.000 € dos gastos de asesoramento realizados mediante un contrato, atendendo obrigatoriamente ao establecido no artigo 8º da Orde.

b) Bono formación: a persoa beneficiaria recibirá unha axuda de ata 6.000 € para realizar formación nas seguintes materias: formación xerencial, xestión comercial ou financeira, marketing dixital ou sobre materias que teñan relación directa co negocio a emprender e así se xustifique.

Esta formación poderá ser impartida por entidades públicas ou privadas e deberá estar finalizada no prazo comprendido de tres meses antes da alta ata o 31 de outubro de 2020.

c) Bono Inicio de actividade, será unha subvención para os gastos de inicio de actividade que será dunha cantidade de 5.000 € por negocio e terá un incremento de 3.000 € por traballador por conta allea de alta na empresa no momento do traspaso e que se comprometa a manter durante un período mínimo de 2 anos.

Persoas beneficiarias

Serán persoas beneficiarias destas axudas a persoa traballadora autónoma que vai transmitir o seu negocio por cese, e que no momento da transmisión estea nalgunha das seguintes situacións no momento da transmisión do negocio:

a) Que teñan 60 anos ou máis.

b) Pola declaración de incapacidade total ou absoluta (incluíndo grande invalidez) recoñecida polos órganos competentes da Seguridade Social.

c) As persoas herdeiras no caso de falecemento da persoa traballadora autónoma titular do negocio.

Tamén será beneficiaria da axuda a persoa que adquira o negocio e que estea dada de alta no Réxime especial de traballadores autónomos (RETA) tras a súa adquisición.

Inscrición no Programa Bono Renova

Para poder solicitar o Bono Renova é necesario inscribirse a través da Oficina Virtual do Emprego Autónomo con carácter previo á súa tramitación a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

Inscrición

Ten en conta que a inscrición é necesaria, pero non supón nin substitúe a tramitación da axuda a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia.


Consulta aquí o texto íntegro da orde.

► Accede ao resumo da información da axuda e inicia a tramitación desde este enlace.


Só se admite unha inscrición por persona usuaria e por correo electrónico (non se permite o mesmo correo electrónico para dúas inscricións).

O prazo de solicitude estará aberto dende o 4 de febreiro ata o 30 de setembro de 2020.