Ayudas para fomentar el empleo de las personas con discapacidad o en situación o en riesgo de exclusión social - Programa de incentivos a la contratación a tiempo parcial y a la formación


  • 10/08/2018
  • 10/09/2018

TR341O -  Ayudas para fomentar el empleo de las personas con discapacidad o en situación o en riesgo de exclusión social - Programa de incentivos a la contratación a tiempo parcial y a la formación

Data de publicación: 10 de agosto de 2018

Data de inicio solicitude: 11 de agosto de 2018

Data de remate solicitude: 10 de setembro de 2018

Obxecto

A axuda regulada por estas bases teñen por obxecto regular as axudas que favorezan a contratación das persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social na empresa ordinaria, e especialmente aquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral.

Por medio deste programa as empresas que soliciten a subvención terán a posibilidade de obter dous tipos de axuda compatibles: un bono de contratación a tempo parcial e un bono de formación.

Características da axuda

Esta axuda ten dous tipos diferenciados de bonos:

a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación por conta allea cunha duración inicial mínima de seis meses e xornada a tempo parcial das persoas con discapacidade ou en situación de risco ou exclusión social. As contías dos incentivos aos contratos a tempo parcial subscritos con persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada ordinaria máxima legal, tomando como referencia para o cálculo da subvención a contía correspondente ao 50 % da xornada, que será de 2.000 euros (incrementándose nun 25% no caso de colectivos específicos).

b) Bono de formación (opcional) dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo. Esta formación incentivarase cunha axuda de 1.000 euros por cada persoa contratada que a reciba na súa integridade.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias desta subvención, entre outras, as persoas traballadoras autónomas, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

Neste enlace se pode acceder ao texto completo da resolución.

Válido dende: 
venres, 10 Agosto, 2018
Válido ate: 
luns, 10 Setembro, 2018