Axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma - 2019


  • 17/05/2019
  • 30/09/2019
Accede dende aquí

TR341A - Axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma - 2019

Data de publicación: 16 de maio de 2019

Data de inicio solicitude: 17 de maio de 2019

Data de remate solicitude: 30 de setembro de 2019

Obxecto

O apoio regulado por estas bases ten por obxecto a concesión das axudas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que unha vez finalizado o seu período de descanso por nacemento contraten unha persoa para ampliar a súa conciliación da vida familiar e laboral no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Características da axuda

Mediante a presente axuda permitirase que a persoa traballadora por conta propia obteña unha compensación para a contratación dunha persoa durante un período máximo dun ano, para favorecer a conciliación da súa vida persoal e laboral e facilitar a continuidade do seu proxecto empresarial.

1. Será subvencionable a contratación realizada por unha persoa traballadora autónoma durante un período máximo dun ano unha vez rematado o seu período de descanso por nacemento, sempre que a persoa beneficiaria cumpra os requisitos establecidos.

2. Serán subvencionables as contratacións que se realicen cunha duración mínima de seis meses que cumprindo cos requisitos enumerados no punto anterior se inicien entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de setembro de 2019.

3. O importe da subvención para compensar a dita contratación será de 500 € por mes completo, segundo a duración indicada na comunicación da contratación, con un máximo de doce meses de contratación. Nos casos de duración incerta a subvención será polos meses indicados no anexo I, que serán os que se comprometa a persoa autónoma a ter a contratación vixente. Sendo polo tanto o importe máximo que se pode percibir de 6.000 €.

4. Canto se trate de contratacións cunha xornada a tempo parcial, a contía será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, na xornada máxima legal.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias desta subvención as persoas traballadoras que estean dadas de alta no réxime especial da Seguridade Social de persoas traballadoras por conta propia ou autónomos, que segundo o anexo I teña o seu centro de traballo (ou domicilio social, no caso de carecer deste) na Comunidade Autónoma de Galicia, que gozasen dun período de descanso por nacemento e que no prazo dos quince días seguintes ao da súa finalización realicen un contrato a unha persoa traballadora por conta allea.

Tamén serán beneficiarias as sociedades que realicen unha contratación nas mesmas condicións que no parágrafo anterior con respecto aos autónomos societarios.

Neste enlace pódese acceder ao texto completo da resolución.

Neste enlace dase máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Válido dende: 
venres, 17 Maio, 2019
Válido ate: 
luns, 30 Setembro, 2019