Axudas aos proxectos para garantir a seguridade laboral e xerar confianza no consumidor - 2020


  • 25/06/2020
  • 31/07/2020
Accede dende aquí

IG524D - Axudas aos proxectos de empresas galegas para garantir a seguridade laboral e xerar confianza no consumidor - 2020

Data de publicación: 25 de xuño de 2020

Data inicio de solicitude: 26 de xuño de 2020

Data remate de solicitude: 31 de xullo de 2020

Obxecto

Agás as empresas e autónomos adicados a actividades turísticas, segundo a relación detallada de actividades subvencionables contida no anexo I, os proxectos obxecto de apoio e as actuacións consecuentes deben derivarse do informe de autodiagnóstico efectuado coa ferramenta ComercioSeguroGalicia, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, que deberá achegarse xunto coa solicitude de axuda.

Características da axuda

Estas axudas teñen como obxecto subvencionar aqueles proxectos que inclúan unha ou varias das seguintes actuacións:

1. Medidas de protección dos empregados e clientes nos espazos de traballo.

2. A adaptación dos espazos de traballo para reducir o contacto do cliente con elementos ou superficies e evitar a súa contaminación.

3. A adquisición de medios de protección e hixiene para empregados e clientes: máscaras protectoras individuais, máscaras para o persoal da empresa, luvas, calzas, dispensadores automáticos de xeles hidroalcohólicos e calquera outro para a protección persoal que sexa adecuada á específica actividade que se desenvolve na empresa. A cantidade destinada a esta epígrafe non poderá exceder o 20 % do total de actuacións subvencionables; consecuentemente, ningún proxecto poderá constar unicamente de actuacións contempladas nesta epígrafe.

4. A instalación de equipamentos de desinfección de superficies, ambientes e produtos.

5. A contratación de servizos para reforzar a limpeza dos locais e realizar desinfeccións de forma periódica. A cantidade destinada a este punto non poderá exceder o 20 % do total de actuacións subvencionables, para un período máximo de prestación de servizos de 6 meses. Consecuentemente, ningún proxecto poderá constar, unicamente, de actuación recollidas nesta epígrafe.

6. A adquisición de equipamentos ou realización de obras que permitan a ventilación e renovación do aire do establecemento.

7. Cartelaría e puntos de informacións, físicos ou dixitais, sobre as medidas de prevención ante o COVID-19 implementadas no establecemento.

8. De xeito excepcional, outros que poidan contribuír a protexer a saúde das persoas empresarias, empregadas e clientes fronte ao COVID-19, o cal se motivará na resolución de concesión.

9. Capacitación específica das persoas traballadoras para aplicar os protocolos adaptados ás normativas e recomendacións sanitarias fronte ao COVID-19.

10. Gastos externos (consultoría, análises, custo da certificación y similares) aplicados á obtención de certificacións para cumprimento de protocolos e medidas.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014, calquera que sexa a súa forma xurídica (inclúe autónomos), polo que tamén poderán acceder á condición de beneficiario as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención. 


Publiación boletín

Válido dende: 
xoves, 25 Xuño, 2020
Válido ate: 
venres, 31 Xullo, 2020