Axudas ao desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopcións de solucións de dixitalización (Programa Re-acciona) - 2020


  • 02/06/2020
  • 17/09/2020
Accede dende aquí

IG401A - Axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas (programa Re-Acciona) 2020

Data de publicación: 2 de xuño de 2020

Data inicio de solicitude: 6 de xullo de 2020

Data remate de solicitude: 17 de setembro de 2020

Obxecto

As bases teñen por obxecto convocar as axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona) cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Características da axuda

O programa queda configurado deste xeito como un programa de servizos a pemes que, a través das empresas prestadoras de servizos –seleccionadas mediante procedemento aberto de acordo coa Lei de contratos do sector público–, permite ás pemes executar proxectos de mellora en distintos ámbitos:

  • Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora.
  • Construción dun proxecto de futuro e plan de mellora empresarial.
  • Desenvolvemento de plans de acción e plan transversal.
  • Análise do cumprimento normativo e dos riscos legais.
  • Mellora da xestión financeira e procura de financiamento.
  • Optimización da produción e cadea loxística.
  • Asesoramento para o relanzamento comercial.
  • Preparación de procesos certificables.
  • Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores.
  • Protección da innovación.
  • Asesoramento para o financiamento da innovación.
  • Servizos para a definición dunha estratexia dixital da empresa.
  • Definición e implantación dunha estratexia de ciberseguridade para a peme.
  • Apoio na adopción de solucións de xestión empresarial en mobilidade.
  • Deseño dunha estratexia de márketing de contidos para a peme.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas empresas (pemes), incluíndo as persoas autónomas, comunidades de bens, asociacións, fundacións ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, leven a cabo actividade empresarial. En calquera caso, deberán ter radicado algún centro de traballo en Galicia e cumprir a definición de peme.


Publicación boletín Ficha sede

Válido dende: 
martes, 2 Xuño, 2020
Válido ate: 
xoves, 17 Setembro, 2020