Axudas para novos emprendedores - Galicia Emprende- IG406F


  • 08/01/2021
  • 22/02/2021
Accede dende aquí

IG406F - Axudas para novos emprendedores - Galicia Emprende (2021)

Data de publicación: 8/1/2021

Data inicio de solicitude: 9/1/2021

Data remate de solicitude: 22/2/2021

Obxecto

As bases teñen por obxecto convocar as subvencións para os proxectos emprendedores de creación ou ampliación de pequenas empresas galegas ou cun centro de traballo en Galicia que na data de presentación da solicitude de axuda non teñan máis de 42 meses de antigüidade desde a data de inicio da súa actividade (primeira alta no IAE).

Serán subvencionables tamén os proxectos de reemprendemento, entendendo como tal exclusivamente as persoas autónomas que estivesen de baixa continuada de toda actividade económica por conta propia durante un período igual ou superior a 3 anos; nestes casos, os 42 meses contaranse respecto da primeira alta en actividade económica por conta propia inmediatamente posterior á dita baixa.

A presente convocatoria finánciase no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, que ten unha taxa de cofinanciamento do Feder do 80 %, computando como cofinanciamento nacional o investimento privado elixible dos beneficiarios polo 20 % restante.

Características da axuda

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.

Serán subvencionables os investimentos e gastos que correspondan de xeito indubidable ao proxecto de creación ou ampliación da pequena empresa, en particular:

a) Obra civil para construción, reforma ou habilitación de instalacións.

b) Bens de equipamento: maquinaria de proceso, instalacións específicas para a actividade subvencionable, equipamentos e medios de transporte interno, vehículos especiais de transporte externo, medios de protección do ambiente e outros bens de equipamento.

c) Outros investimentos en activos fixos materiais, incluído mobiliario. En ningún caso se subvencionarán os vehículos de transporte externo que non teñan a consideración de vehículo especial.

d) Activos inmateriais: activos que non teñen unha materialización física ou financeira, como patentes, licenzas, coñecementos técnicos ou outros dereitos de propiedade intelectual e páxinas web.

e) A adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou de bens de equipamento de segunda man (segundo os requirimentos establecidos).

f) Gastos de persoal de nova contratación.

g) Gastos de alugueiro de locais. Non poderán imputarse custos por este concepto no caso de que a actividade se desenvolva na vivenda da persoa emprendedora.

h) Gastos de contratacións externas de servizos específicos: software de pagamento por uso, deseño gráfico, identidade corporativa, servizos de asesoramento para a posta en marcha do proxecto empresarial.

i) Os custos do informe de auditor de contas inscrito no ROAC requirido no artigo 17.4.b).2º, ata un máximo de 1.000 €.

A subvención a fondo perdido será do 80 % dos custos subvencionables, ata un máximo de 400.000 €. 

Os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ser técnica, económica e financeiramente viables.

b) Ser proxectos completos, é dicir, a realización dos gastos e investimentos subvencionables debe dar como resultado a posta en marcha da actividade ou a súa ampliación. Non serán subvencionables as fases de proxectos que non sexan completas nestes termos. 

c) Deben desenvolverse en Galicia.

d) A axuda solicitada debe supor un efecto incentivador para o proxecto presentado.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas traballadoras autónomas e as pequenas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, que realicen unha actividade económica e teñan menos de 42 meses de antigüidade de alta na actividade na data da solicitude da axuda, segundo se establece no artigo 1 da orde publicada.

Enténdense incluídas as sociedades mercantís, cooperativas, asociacións e outras entidades con personalidade xurídica propia e as sociedades civís, comunidades de bens e outras entidades sen personalidade xurídica propia, sempre que conten con NIF e a súa constitución estea documentada e presentada a autoliquidación do imposto de actos xurídicos documentados. 


Publicación DOG Corrección erros Ficha sede

Válido dende: 
venres, 8 Xaneiro, 2021
Válido ate: 
luns, 22 Febreiro, 2021