Venres Autónomos
Dende que no 2017 a Xunta de Galicia puxo en marcha a Estratexia Autónomo 2020 leváronse a cabo unha serie de medidas encamiñadas a impulsar e consolidar a Galicia como o mellor espazo onde desenvolver iniciativas con éxito no campo do emprego autónomo e o emprendemento.
Os Venres Autónomos veñen dando continuidade aos encontros celebrados en anos anteriores e serven para xerar sinerxías entre profesionais dunha mesma zona xeográfica.
Trátase de espazos pensados para darlle voz a un colectivo prioritario para o Goberno galego pola súa contribución á xeración de riqueza e de emprego en Galicia. Convidámoste a que participes de forma activa no Venres Autónomo da túa provincia e que poidas presentar a túa actividade, compartir experiencias, coñecementos, ferramentas de traballo e descubrir novas fórmulas que faciliten o desenvolvemento dos teus proxectos.
Tras os encontros na Coruña, Vigo, Ferrol, Lugo e Ourense, en próximas datas terá lugar o seguinte desta rolda de encontros que seguen a facer un percorrido por diferentes localidades galegas.