O segundo Plan de rescate para persoas traballadoras autónomas e micropemes por motivos da COVID-19 está composto dos seguintes programas:

Programa I - Persoas traballadoras autónomas

Este segundo plan de rescate ten por obxecto a concesión de novas axudas para persoas traballadoras autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, como unha axuda económica adicional ás persoas traballadoras autónomas para facer fronte á situación económica motivada pola pandemia da COVID-19 que contribúa ao mantemento da actividade económica e do emprego. O prazo de solicitude vai desde o 19 de febreiro ata o 18 de marzo de 2021.

Máis información

Programa II - Microempresas

Este novo programa ten por obxecto incidir no apoio ao mantemento do emprego e a actividade económica das persoas traballadoras autónomas con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, microempresas e, excepcionalmente, as pemes que desenvolven a súa actividade económica nos sectores especialmente paralizados pola COVID-19.

Máis información

Programa I - Hostalería

Este plan de rescate ten por obxecto apoiar as persoas traballadoras autónomas, persoas físicas ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo; as microempresas e as pemes, calquera que sexa a súa forma xurídica e que pertenzan ao sector da hostalaría e que se vexan afectadas polo peche conforme a normativa ditada polas autoridades sanitarias nos termos establecidos.

Máis información

Programa II - Outras actividades pechadas

Por último, este programa ten por obxecto apoiar os traballadores autónomos, microempresas ou pemes que desenvolvan unha actividade económica que se vexa afectada polo peche conforme a normativa ditada polas autoridades sanitarias.

Máis información