O prazo de solicitude pechouse o 18 de marzo de 2021 

Presentación de indicadores de resultados


Aviso importante! No caso de ter sido beneficiario/a desta axuda, nos seguintes enlaces tes o acceso aos dous formularios de indicadores comúns que se teñen que presentar obrigatoriamente na sede electrónica da Xunta de Galicia, atendendo asi ao establecido no artigo 27 da orde que a regula.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como persoas traballadoras por conta propia e que teñan o domicilio fiscal en Galicia, incluídos os autónomos societarios que teñan unha alta anterior ao 30.3.2020 e que acrediten unha baixada de facturación de, polo menos, o 45 % nos termos establecidos no artigo 19.3.

As persoas autónomas societarias, que estean de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar con data anterior ao 30.3.2020 e indiquen no anexo I unha empresa da cal sexan societarios cunha porcentaxe de participación mínima do 25 %, e que cumpra os requisitos de baixada de facturación.

Tamén poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas de tempada, sempre que acrediten que, aínda que non estean de alta no momento da presentación da súa solicitude, estivesen de alta un mínimo de catro meses e máximo de nove meses, en cada un dos anos 2018 e 2019.

Unicamente se pode presentar unha solicitude por persoa física.

Entenderase como actividade especialmente paralizada aquela que tivese unha baixada de facturación igual ou superior ao 70 %.

Dada a natureza extraordinaria tanto das actuacións subvencionables destas bases reguladoras como da situación de estado de alarma e emerxencia sanitaria da cal derivan e que provocou que a maior parte de persoas autónomas e empresas solicitasen aprazamento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social ou á Administración da Comunidade Autónoma, ou mesmo non poidan afrontar transitoriamente a súa satisfacción puntual, de acordo co establecido no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, exímense as persoas beneficiarias desta subvención do requisito de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou fronte á Administración pública da Comunidade Autónoma, no momento da concesión da axuda e do pagamento do anticipo concedido, sempre que se dean as seguintes circunstancias, que deberán acreditarse mediante a declaración responsable que figura como anexo I na presente orde:

1º. Que o conxunto das débedas tributarias, coa Seguridade Social e coa Administración pública da Comunidade Autónoma, da persoa beneficiaria, teñan un importe inferior ao do anticipo que lle corresponda, pola axuda solicitada.

2º. Que a persoa beneficiaria se obrigue a estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social, coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou respecto das débedas pola procedencia de reintegro, no prazo de quince (15) días naturais contados a partir do día en que recibise o anticipo. No caso contrario, perderá o dereito ao cobramento total ou parcial da subvención e deberá proceder ao reintegro do anticipo.

Contía da axuda económica

As axudas concederanse polos seguintes importes:

a) 1.200 € para as persoas que acrediten unha baixada de facturación entre o 45 % e o 60 %.

b) 2.000 € para as persoas que acrediten unha baixada de facturación de máis dun 60 % e de menos do 70 %.

c) 3.000 € para as persoas que acrediten unha baixada de facturación igual ou superior ao 70 %.

Para as persoas autónomas de tempada, os importes da axuda serán o 50 % das cantidades indicadas no punto anterior.

A baixada de facturación calcularase de xeito xeral comparando os datos de facturación anual de 2020 cos de 2019.

Compromiso

As persoas traballadoras autónomas beneficiarias da axuda deben manter a alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como traballadoras por conta propia durante un tempo mínimo de dous meses desde a publicación desta orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.


Máis información no teléfono gratuito 900 815 600

(Horario de atención: de luns a venres de 8:00 a 18:00 horas)


Publicación DOG

Correción erros DOG

Infografía explicativa