Axudas á conciliación das persoas traballadoras autónomas - 2026
Axudas para a conciliación da persoa traballadora autónoma (TR341R) 2026
Convocatoria 2026 aberta entre o 11 de febreiro e o 30 de setembro de 2026
Finalidade do Programa

Estas axudas están dirixidas ás persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia para apoiarles na consecución da conciliación da vida familiar e laboral, mediante 3 tipos de bonos.
Tres tipos de Bonos
Bono autónomo Concilia I.
Será subvencionable a contratación realizada por unha persoa traballadora autónoma para a substitución nos casos de maternidade ou paternidade, unha vez iniciado o seu período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento, e pola duración do mesmo. Tamén será subvencionable a contratación dunha persoa traballadora para a substitución da traballadora autónoma no caso de baixa por risco durante o embarazo ou a lactación, e pola duración da dita baixa, sempre que a persoa beneficiaria cumpra os requisitos establecidos neste programa.
Serán subvencionables as contratacións que, cumprindo cos requisitos establecidos, iníciense entre o 1 de outubro de 2025 e o 30 de setembro de 2026.
Neste Bono Autónomo Concilia I será subvencionable a contratación realizada por unha persoa traballadora autónoma para a substitución nos casos de maternidade ou paternidade, unha vez iniciado o seu período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento, e pola duración do mesmo. Tamén será subvencionable a contratación dunha persoa traballadora para a substitución da traballadora autónoma no caso de baixa por risco durante o embarazo ou a lactación, e pola duración da dita baixa, sempre que a persoa beneficiaria cumpra os requisitos establecidos neste Programa.
O importe da subvención para compensar a devandita contratación será de 1.100 € por mes completo, segundo a duración indicada na comunicación da contratación, e polo período de duración da baixa de maternidade ou paternidade, salvo nos casos previstos, no que se terán en conta tamén os 2 meses previos de contrato.
Nos supostos de risco durante o embarazo o período máximo que se terá en conta para a axuda será de oito meses de contratación, sendo por tanto o importe máximo que se pode percibir de 8.800 €.
No caso de transformación do contrato de substitución en contrato indefinido unha vez finalizado o período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento, o importe da subvención será de 7.500 €, e acadará os 9.000 € cando a persoa encádrese nalgún dos seguintes colectivos, non acumulables entre si:
a) Mulleres.
b) Persoas menores de 30 anos.
c) Persoas desempregadas de longa duración no momento do contrato de substitución.
d) Persoas maiores de 52 anos.
e) Persoas con discapacidade.
f) Persoas en situación ou risco de exclusión social.
g) Persoas emigrantes retornadas.
h) Persoas estranxeiras.
2. Bono autónomo Concilia II.
Será subvencionable a contratación indefinida realizada por unha persoa traballadora autónoma para o coidado de menores e/o maiores, e/o persoas con discapacidade ou dependencia, sempre que a persoa beneficiaria cumpra os requisitos establecidos neste programa.
O importe da subvención para compensar a dita dicha contratación será de 7.500 € e acadará os 9.000 € cando a persona se encadre nalgún dos seguintes colectivos, non acumulables:
a) Mulleres.
b) Persoas menores de 30 anos.
c) Persoas desempregadas de longa duración.
d) Persoas maiores de 52.
e) Persoas con discapacidade.
f) Persoas en situación ou risco de exclusión social.
g) Persoas emigrantes retornadas.
h) Persoas estranxeiras.
3. Bono autónomo Concilia III.
Será subvencionable o 75 % dos custos do centro ou do servizo de coidado de menores, maiores e/o persoas con discapacidade ou dependencia, ata un máximo de 3.000 €. Os custos deberanse corresponder a gastos incluídos no período subvencionable, que comprende do 1 de outubro de 2025 ao 30 de setembro de 2026, e os centros e servizos deben estar situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
Os tres tipos de axudas reguladas neste capítulo: bono autónomo concilia I, bono autónomo concilia II e bono autónomo concilia III serán compatibles entre si.
Personas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras que estean dadas de alta no RETA ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social, así como as persoas mutualistas. Ao mesmo tempo poden ser beneficiarias as persoas membros das sociedades mercantís, laborais e civís, e comunidades de bens, a título individual a condición de que cumpran os requisitos establecidos en cada caso.