Axudas para persoas traballadoras autónomas
Un dos principais obxectivos da Oficina do autónomo é servir de espazo de referencia desde onde se poidan consultar e tramitar en todo momento as convocatorias de axudas e subvencións que poidan apoiar a súa creación, desenvolvemento e modernización.
Con ese obxectivo, este apartado de Axudas pretende dar resposta continua e dun modo actualizado a todas aquelas axudas publicadas no ámbito autonómico e estatal que teñan, entre as súas persoas beneficiarias, ás persoas traballadoras autónomas.
Ademais, tal e como están presentadas se poderán localizar aquelas que atendan ás distintas fases ou etapas polas que se desenvolve o emprego autónomo:
Importante! Ten en conta que algunhas das axudas poden estar apoiando unha ou varias das etapas do teu negocio, polo que unha mesma axuda pode estar en máis dunha fase.
Dende a Oficina do emprego autónomo estamos a túa enteira disposición para informarche das axudas ou subvencións que mellor se poidan axustar ao teu proxecto. Podes consultarnos en calquera momento pola canle de "Contacta con nós - Axudámosche" mediante o seguinte enlace:
Por último, destacar que desde cada unha das axudas se poderá acceder directamente á tramitación electrónica para a súa correspondente solicitude, atendendo así tamén a outro dos principios inspiradores da Oficina do autónomo, que non é outro que converterse no centro de referencia para a facilitación e o apoio permanente e actualizado do emprego autónomo en Galicia. Só tes que pinchar no botón de "Accede desde aquí" e te levará directamente á sede electrónica da Administración que convoque cada axuda