Subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas e a contratación de persoal de apoio - 2024
Subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas e a contratación de persoal de apoio TR358A
Convocatoria 2024 aberta entre o 26 de xaneiro e o 26 de febreiro de 2024Ficha da sede electrónica
A finalidade deste programa é a concesión das subvencións destinadas a sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas máis representativas de Galicia de persoas traballadoras autónomas, coa finalidade de apoiar de forma eficaz a consecución e o cumprimento dos fins que lles son propios, a través do programa de axudas ás entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas. Para os efectos deste programa, enténdese por entidade asociativa máis representativa de Galicia de persoas traballadoras autónomas de carácter intersectorial aquela que conte con membros en, polo menos, dous sectores económicos entre os da agricultura e pesca, industria, construción e servizos.
Tamén ten por finalidade sufragar a contratación ou a prórroga da contratación realizada ao abeiro da convocatoria do ano 2023, se for o caso, dunha persoa técnica para a realización de funcións de asesoría e apoio directo ás persoas autónomas para a mellora da súa competitividade, integradas nas entidades asociativas máis representativas de persoas traballadoras autónomas de carácter intersectorial que obteñan a subvención da liña 1 desta convocatoria, coa finalidade de apoiar a consecución e o cumprimento dos fins que lles son propios.
Esta subvención ten dúas liñas definidas:
– Liña 1, subvención ás entidades asociativas para o seu funcionamento.
– Liña 2, subvención para a contratación laboral ou prórroga da contratación dunha persoa que realice funcións de asesoría e apoio ás persoas autónomas integradas nas entidades asociativas.
Gastos subvencionables
Liña 1. Subvención ás entidades asociativas para o seu funcionamento.
a) Serán subvencionables os gastos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada, realizados no período comprendido entre o 1 de novembro de 2023 e o 31 de outubro de 2024. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.
b) Consideraranse gastos subvencionables os seguintes gastos xerais:
a.1) Gastos de persoal. Neste concepto só se terán en conta o salario base e as cotizacións sociais, incluídas as pagas extraordinarias.
b.1) Arrendamentos de locais.
c.1) Servizos profesionais independentes.
d.1) Primas de seguros.
e.1) Publicidade e propaganda.
f.1) Material de oficina, fotocopias e imprenta.
g.1) Gastos de subministracións eléctricas, de telefonía, de gas, de auga, de limpeza dos locais e aloxamento e mantemento da web.
h.1) Cotas de subscrición a publicacións e inscrición en actividades, e pola pertenza a outras organizacións autonómicas ou estatais.
i.1) Gastos de organización ou participación en congresos, seminarios, xornadas e outras actividades de natureza semellante, incluídos os gastos de desprazamento e manutención. A contía da subvención polos gastos de desprazamento e manutención por participar nestas actividades non poderá superar o 50 % do seu custo.
j.1) Gastos ocasionados pola elaboración de estudos e publicacións, pola realización de actividades de formación en Galicia ou pola implantación de proxectos ou programas de promoción do emprego autónomo en Galicia. A contía da subvención polos gastos de desprazamento e manutención por participar nestas actividades non poderá superar o 50 % do seu custo.
k.1) Gastos de arrendamento financeiro sen opción de compra (renting).
Poderase subvencionar ata o 90 % dos gastos subvencionables establecidos e, en todo caso, o 10 % restante será por conta da entidade beneficiaria.
A contía máxima da subvención non poderá exceder a cantidade de 65.000 €.
Liña 2. Subvención para a contratación laboral dunha persoa que realice funcións de asesoría e apoio ás persoas autónomas integradas nas entidades asociativas.
Co obxecto de asesorar e apoiar de maneira directa as persoas autónomas integradas nas entidades asociativas, será subvencionable a contratación ou a prórroga da contratación concedida na convocatoria do ano 2023, se for o caso, dunha persoa técnica para a realización desas funcións, durante un período máximo dun ano, no período comprendido entre o 1 de novembro de 2023 e o 31 de outubro de 2024, para as entidades asociativas que obtivesen a subvención da liña 1.
A contía da subvención será, para os efectos salariais, a equivalente á necesaria para sufragar os custos salariais totais, ata un máximo de doce (12) mensualidades, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos na mesma cantidade que a fixada para o salario segundo o convenio colectivo vixente no momento de formular a solicitude, da persoa que se vai contratar, ou da prórroga, na mesma cantidade que a fixada para o salario, segundo convenio colectivo ou normativa laboral aplicable vixente no momento de formular a solicitude, e acorde coa súa categoría profesional.
A contía máxima da subvención non poderá exceder a cantidade de 32.108,92 € para contratos de xornada a tempo completo e duración dun ano de período subvencionable.
O importe da subvención por cada contratación reducirase proporcionalmente en función da xornada realizada, cando os contratos se concerten a tempo parcial. No caso de xornada a tempo parcial, esta non pode ser inferior ao 50 %.
Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas nesta orde as entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas de carácter intersectorial cuxo ámbito de actuación comprenda todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e non sexa superior ao da Comunidade Autónoma.