Impacto Autónomo 2023
O PRAZO DE SOLICITUDE ABRIRASE DO 9 DE XANEIRO AO 9 DE FEBREIRO DE 2023
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas:
1. Todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como traballadores e traballadoras por conta propia, así como as persoas mutualistas, con domicilio fiscal en Galicia e que tivesen uns rendementos netos mínimos de actividades económicas realizadas de 10.000 € e un máximo de 30.000 €, no ano 2021.
2. As persoas traballadoras autónomas de tempada que acrediten estar de alta ou situación asimilada no momento da presentación da solicitude, e que estivesen de alta un mínimo de 4 meses e un máximo de 9 meses no ano 2021 e no ano 2022.
3. As microempresas, sociedades, incluídas as de economía social, comunidades de bens ou sociedades civís, con domicilio fiscal en Galicia e cun mínimo de facturación no ano 2021 de 50.000 € e un máximo de 750.000 € no mesmo ano 2021.
As persoas ou entidades sinaladas nos anteriores apartados 1, 2 e 3 que desenvolvan a actividade en establecementos fixos abertos ao público, o establecemento deberá estar aberto ao público durante os 6 meses posteriores á publicación desta axuda
Requisitos
Os requisitos exixidos para ser persoa beneficiaria son os indicados no modelo de solicitude (anexo I), no cal vén recollida unha declaración responsable da persoa solicitante, de obrigatorio cumprimento, onde manifestará, entre outras:
– Que está de alta ou situación asimilada, mínimo 6 meses antes da publicación desta convocatoria, no réxime da Seguridade Social correspondente (no RETA ou na mutualida. de correspondente), ou, se é unha persoa autónoma de tempada, que está de alta ou situación asimilada no momento de presentación da solicitude, e que estivo de alta un mínimo de 4 e un máximo de 9 meses no ano 2021 e/ou no ano 2022.
– Que ten o domicilio fiscal en Galicia.
– No caso de persoas traballadoras autónomas ou mutualistas, que os seus rendementos netos están entre un mínimo de 10.000 € e un máximo de 30.000 € no exercicio 2021, o cal deberá acreditar documentalmente segundo o artigo 16 da orde.
– No caso de microempresas, sociedades, incluídas as de economía social, comunidades de bens ou sociedades civís, que a facturación da sociedade non supera os 750.000 € no ano 2021, o cal deberá acreditar documentalmente segundo o artigo 16 da orde.
– Que non está incursa en ningunha das circunstancias que prohiben obter a condición de persoa beneficiaria segundo o establecido na orde.
– CNAE (Clasificación nacional de actividades económicas) da actividade pola cal solicita a axuda.
– IAE da actividade pola cal solicita a axuda.
– Que, no caso de desenvolver actividade en establecemento fixo aberto ao público, o establecemento vai permanecer aberto ao público durante os 6 meses posteriores á publicación da orde.
– Que presentou unha única solicitude, ben como persoa autónoma ben como societaria.
Contía da axuda económica
A contía das axudas establécese en función dos rendementos netos das persoas ou entidades solicitantes conforme a seguinte escala:
a) Para as persoas autónomas que tributen en réxime de estimación obxectiva (módulos), o importe da axuda será de 800 €.
b) Para persoas autónomas que tributen en réxime de estimación directa ou atribución de rendas, e outros réximes:
– Con rendementos netos no ano 2021 de ata 20.000 €, o importe da axuda será de 1.500 €.
– Con rendementos netos no ano 2021 de ata 30.000 €, o importe da axuda será de 1.200 €.
c) Para microempresas, sociedades, incluídas as de economía social, comunidades de bens ou sociedades civís:
– Cun mínimo de facturación no ano 2021 de entre 50.000 € e un máximo de 250.000 €, o importe da axuda será de 1.500 €.
– Cunha facturación superior a 250.000 € no ano 2021 e ata un máximo de 750.000 €, o importe da axuda será de 1.200 €.
Os importes previstos reduciranse ao 50 % no caso de persoas autónomas de tempada e no caso de persoas autónomas, microempresas, sociedades, incluídas as de economía social, comunidades de bens ou sociedades civís que se desen de alta ao longo do ano 2021 e non acrediten 12 meses completos de actividade.
Obrigas das persoas beneficiarias
As personas beneficiarias obríganse, entre outras, a:
- As persoas traballadoras autónomas beneficiarias da axuda deben manter a actividade económica e a alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como traballadores por conta propia, ou como mutualistas, durante un tempo mínimo de seis meses desde a publicación desta orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
- No caso de microempresas, sociedades, incluídas as de economía social, comunidades de bens ou sociedades civís, deben manter a actividade económica durante un tempo mínimo de seis meses desde a publicación desta orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
- Estar ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión e realizar a proposta de pagamento da subvención, o que se acreditará coa declaración responsable.
- Adoptar as medidas adecuadas de difusión para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. De acordo con esta obriga, a empresa subvencionada deberá anunciar que está sendo subvencionada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, segundo o modelo de cartel que figura na sede electrónica.