Axudas a Iniciativas empresariais de base tecnolóxica - IEBT
Axudas ás Iniciativas Empresariais de Base Tecnolóxica - IEBT - 2024
Aberto o prazo da nova convocatora destas axudas para o 2024 ata o 30 de setembro
As Inicitivas Empresariais de Base Tecnolóxica
Os proxectos empresariais para que poidan ser cualificados como IEBT deberán reunir os seguintes requisitos:
a) Que teñan condicións de viabilidade técnica, económica, financeira e comercial.
b) Que a actividade, produto ou servizo que vaian desenvolver, teña carácter innovador, contido científico ou base tecnolóxica. Os proxectos poderán desenvolver a súa actividade en calquera sector económico sempre que se trate dun negocio intensivo en coñecemento que precise actividades I+D e/ou de innovación tecnolóxica.
c) Que se constitúa nunha empresa privada de nova creación, incluíndo autónomas e autónomos, con centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Que se prevexa, no primeiro ano de actividade, a creación de emprego estable para persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, respectando a proporción dunha persoa con titulación universitaria por cada catro postos de traballo.
Procedemento de cualificación como IEBT
Para que unha empresa obteña a cualificación como IEBT, é preciso que a soliciten as persoas promotoras dos proxectos empresariais e das empresas constituídas, dentro dun prazo máximo dun ano anterior á data da presentación da solicitude de cualificación, sempre que non iniciasen a actividade.
No seguinte enlace tes, de xeito gráfico e visual, os pasos a dar para solicitar a dita cualificación, que está aberta durante todo o ano:
Adicionalmente, tes no seguinte enlace o acceso á normativa que regula este tipo de iniciativa empresarial:
Axudas ás IEBT
Para este tipo de empresas, a Xunta de Galicia promove anualmente unha liña de axudas. Tes máis información sobre a do ano 2024 neste enlace: