Emprendemento Plus 2023
Subvencións Emprendemento Plus para apoiar o investimento e a creación de emprego
Convocatoria 2023 aberta entre o 18 de xullo ata o 17 de agosto de 2023
Finalidade da axuda
O obxectivo desta subvención é dar apoio as iniciativas de emprendemento de persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas, que na data de presentación de solicitude de axuda non teñan máis de 42 meses de antigüidade desde a data de constitución ou alta, así como a data de inicio da súa actividade económica, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través dos seguintes programas:
a) Programa 1. Emprendemento Plus Investimento. Este programa ten por obxecto apoiar a continuidade e a consolidación de iniciativas de emprendemento de persoas autónomas e pemes que teñan unha antigüidade máxima de 42 meses, mediante o apoio de investimentos realizados nas iniciativas obxecto da axuda.
b) Programa 2. Emprendemento Plus Emprego. Este programa ten por obxecto o fomento e a consolidación do emprego por parte de persoas autónomas e pequenas empresas de nova creación (máx. 42 meses) para promover a contratación de persoas desempregadas. A finalidade deste programa é xerar emprego estable para persoas desempregadas, mediante unhas liñas de incentivos á contratación por conta allea.
Contía da axuda
Programa 1.
A subvención está dirixida a apoiar os investimentos da iniciativa emprendedora:
a) Con investimentos entre 10.000 € e ata 30.000 €, a contía da axuda será do 60% do investimento.
b) Con investimentos de 30.001 € e ata 50.000 €, a contía da axuda será do 55% do investimento.
c) Con investimentos de 50.001 € e ata 100.000 €, a contía da axuda será do 50% do investimento.
d) Con investimentos de 100.001 € e ata 200.000 €, a contía da axuda será do 45% do investimento.
Persoas beneficiarias
Para seren beneficiarias destas axudas as persoas traballadoras autónomas e as pequenas e medianas empresas deberán:
a) Terse constituído ou dado de alta, segundo a natureza xurídica da entidade que se trate, con 42 meses de antigüidade como máximo ata a data de presentación da solicitude.
b) Que iniciasen a súa actividade económica con 42 meses de antigüidade como máximo ata a data de presentación da solicitude.