Programa de axudas para a contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas - 2024
Programa para a contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas
Convocatoria 2024 aberta entre o 5 de febreiro ata o 30 de setembro de 2024
A finalidade do programa é favorecer a creación de novos empregos estables e contribuír ao crecemento de pequenas unidades produtivas con potencialidade para a creación de emprego, a través da concesión dunha contía fixa que contribúa a que as persoas autónomas fagan fronte á contratación de persoas traballadoras.
Este programa inclúe dous tipos de axudas, compatibles entre si:
Bono de contratación
Este bono consiste nunha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizada por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.
Subvencionanse a primeira, a segunda e a terceira contratación indefinida inicial que realice a persoa autónoma ou a persoa profesional.
As contratacións indefinidas iniciais terán os seguintes incentivos:
I. Primeira persoa traballadora indefinida desempregada: 7.500 €. A contía será de 9.000 € cando a persoa desempregada se encadre nalgún dos seguintes colectivos, non acumulables:
a) Muller.
b) Persoas desempregadas de longa duración.
c) Maiores de 52 anos.
d) Persoas con discapacidade.
e) Persoas en situación ou risco de exclusión social.
f) Persoas emigrantes retornadas.
g) Persoas estranxeiras.
II. Segunda e terceira persoa traballadora indefinida: 9.000 €.
A contía será de 11.000 € cando a persoa desempregada se encadre nalgún dos seguintes colectivos, non acumulables:
a) Muller.
b) Persoas desempregadas de longa duración.
c) Maiores de 52 anos.
d) Persoas con discapacidade.
e) Persoas en situación ou risco de exclusión social.
f) Persoas emigrantes retornadas.
g) Persoas estranxeiras.
Os incentivos sinalados no punto anterior incrementaranse nun 15 % nos seguintes casos, que son acumulables entre si:
a) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural.
b) Persoas maiores de 45 anos (non será aplicable no caso de que axuda se conceda polo colectivo de maiores de 52 anos sinalado na letra c) das epígrafes I e II).
c) Persoas trans.
d) Se a persoa incorporada é unha muller nunha profesión ou oficio en que a muller estea subrepresentada, segundo informe do Observatorio do Emprego, tal e como figuran no anexo II da Orde.
Deste xeito, as contías máximas posibles, de aplicarse todos os incrementos, serán:
- Para a primeira persoa traballadora indefinida 14.400 euros.
- Para a segunda e terceira persoa traballadora indefinida 17.600 euros.
Bono de formación (opcional)
E con este bono proporcionarase unha subvención ás persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia, para que leven a cabo accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras cuxos contratos se subvencionan por medio desta mesma axuda, co obxecto de mellorar os seus coñecementos e as habilidades relacionadas co posto de traballo.
A duración da acción formativa será dun mínimo de 70 horas de formación teórica en contidos relacionados co posto de traballo a que asista integramente a persoa traballadora contratada mediante este programa.
A acción formativa deberá ter lugar dentro dos tres primeiros meses desde a data da solicitude e deberá estar finalizada o 30 de outubro de 2023.
Esta formación incentivarase cunha axuda de 4.000 euros por cada persoa traballadora cuxo contrato se subvenciona por medio do bono de contratación e que cumpra os requisitos establecidos.