Axudas do Bono Remuda 2025
Axudas do Bono Remuda (TR353D) 2025
Convocatoria 2025 aberta do 17 de xaneiro ao 30 de setembro de 2025
Finalidad de la ayuda
O obxectivo desta axuda é evitar o peche de negocios por falta de remuda xeracional, á vez que facilita que as persoas interesadas en emprender teñan a posibilidade de recoller a testemuña dun negocio xa viable economicamente.
A substitución, para ser subvencionable, deberá estar motivado pola xubilación ou pola proximidade da idade de xubilación da persoa titular do negocio. Tamén pode estar motivada por causas sobrevidas como a incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou a morte.
Conta con dúas liñas de actuación:
- Liña 1. Bono relevo rural, para negocios situados en municipios de menos de 10.000 habitantes.
- Liña 2. Bono relevo xeneral, para negocios situados en municipios de 10.000 ou máis habitantes.
Contía da axuda
A contía máxima subvencionable por substitución será de 30.000 €, excepto nos casos en que o obxecto da substitución estea constituído por unha licenza de actividade que habilite para o desenvolvemento da mesma, nese caso a contía máxima subvencionable por substitución será de 10.000 €.
Para ser subvencionable o gasto deberá estar realizado e pago no período comprendido entre o 31 de outubro de 2024 e o 30 de setembro de 2025, salvo nos casos de acceso á substitución mediante o alugueiro do local e/o medios produtivos.
Pola súa banda, as persoas traballadoras autónomas previstas no artigo 50.2 que transmitan o negocio, percibirán un importe de 6.000 € cando o negocio que transmiten se encadre na Liña 1: Bono remuda rural, e de 3.000 € cando o negocio que transmiten se encadre na Liña 2: Bono remuda xeneral.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias do Bono Remuda as persoas traballadoras autónomas as persoas profesionais que estean dadas de alta no RETA ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social, así como as persoas mutualistas, e as sociedades de calquera clase, incluídas as unipersoais e comunidades de bens, con domicilio fiscal en Galicia na data da solicitude, segundo alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal da Administración Tributaria, modelo 036 ou 037.
Tamén poden ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas que transmitan o negocio e sexan identificadas como tal na solicitude realizada pola persoa relevista, quedando vinculadas ambas as persoas para a concesión da subvención.