A continuación preséntase un recompilatorio das infografías informativas elaboradas para as distintas liñas de axudas convocadas pola Consellería de Emprego e Igualdade ao longo do ano 2021, presentadas de máis actual a máis antiga no tempo de publicación no Diario Oficial de Galicia.

 

IV Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas afectadas pola COVID-19 - 28/10/2021

IV Plan de rescate da Xunta de Galicia, liña COVID, de axudas directas ás persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas en Galicia, financiadas cos fondos distribuídos polo Estado en virtude do establecido no título I do Real Decreto lei 5/2021 (TR700A).

Infografía

 


Axudas á conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma - 24/09/2021

Axudas ás persoas traballadoras autónomas dadas de alta que gozasen dun período de descanso por nacemento e sociedades e comunidades de bens respecto das persoas autónomas societarias que gozasen tamén dun período de descanso por nacemento (TR341R).

Infografía

 


Axudas á promoción de emprego autónomo - 4/08/2021

Axudas ás persoas que causen alta no RETA, en calquera réxime especial por conta propia ou nunha mutualidade profesional entre o 1/10/2020 e o 30/09/2021 (TR341D).

 

Infografía

 


Axudas ás persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas - 4/08/2021

Axudas ás persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais, pola 1ª, 2ª e 3ª contratación indefinida realizadas entre o 1 de outubro de 2020 e a data de publicación desta axuda (TR349F).

 

Infografía

 


Galicia Emprega de incentivos á contratación e á formación - 26/07/2021

1. Emprego con apoio. Subvencións ás asociacións, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro, centros especiais de emprego, empresas de inserción laboral e empresas do mercado ordinario, incluídas as persoas autónomas, para a incorporación de persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social (TR342A).

 

Infografía

 



2. Incentivos á contratación. Apoio ás persoas empregadoras ou empresas, (calquera que sexa a súa forma xurídica), asociacións, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro que contraten persoas traballadoras para centros de traballo radicados en Galicia para a contración indefinida inicial de persoas mozas, mulleres, persoas desempregadas de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social (TR342C).

Infografía

 


Incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica - 20/07/2021

Empresas privadas ou persoas autónomas que inicien a actividade nun prazo non superior a un ano desde a cualificación como IEBT do proxecto e que cumpra as condicións específicas de cada tipo de axuda e creen emprego estable para persoas desempregadas (TR340E).

 

Infografía

 


Fomento e consolidación do emprego para as pequenas empresas de nova creación - 20/07/2021

Empresas de nova creación, viable, que xeren emprego estable, con domicilio e centro de traballo en Galicia e promovidas por un máximo de 5 persoas e cun mínimo do 50% do capital titularidade das persoas promotoras desempregadas (TR807I).

 

Infografía

 


III Plan de rescate da Xunta de Galicia - 11/06/21

Programa I do III Plan de Rescate da Xunta de Galicia dirixido ás persoas autónomas en estimación obxectiva - TR600A

Persoas traballadoras autónomas en alta no RETA ou Réxime do Mar por conta propia e mutualistas en réxime de estimación obxectiva (módulos) en calquera CNAE e persoas autónomas de tempada que estivesen en alta un mínimo de 4 e un máximo de 9 meses en 2019 ou 2020.

Infografía

Programa II do III Plan de Rescate da Xunta de Galicia dirixido ás persoas autónomas e empresas con ata 10 persoas traballadoras - TR600B

Persoas traballadoras autónomas en alta no RETA ou Réxime do Mar por conta propia e profesionais individuais ou con persoal contratado (ata 10 persoas) e empresas de ata 25 persoas traballadoras e cun volume de facturación de ata 2 millóns de euros.

Infografía

Programa III do III Plan de Rescate da Xunta de Galicia dirixido ás persoas autónomas e empresas con máis de 10 persoas traballadoras - TR600C

Persoas traballadoras autónomas en alta no RETA ou Réxime do Mar por conta propia e profesionais con máis de 10 persoas contratadas e máis de 2M € de volume de facturación e empresas de máis 25 persoas traballadoras.

Infografía


II Plan de rescate da Xunta de Galicia - 18/02/2021

Programa I do II Plan de Rescate da Xunta de Galicia dirixido ás persoas autónomas - TR500A

Persoas traballadoras autónomas en alta no RETA ou Réxime do Mar por conta propia e as persoas autónomas societarias, con alta anterior ao 30/03/2020 e persoas traballadoras autónomas de tempada que estivesen de alta no RETA entre 4 e 9 meses durante cada un dos anos 2018 e 2019.

Infografía

Programa II do II Plan de Rescate da Xunta de Galicia dirixido ás micropemes - TR500B

Microempresas e persoas traballadoras autónomas de calquera sector con persoal contratado e excepcionalmente, pemes de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación non superior a 2M€ (ou se pertence á canle de distribución Horeca, non superior a 5M€).

Infografía

Programa I do II Plan de Rescate da Xunta de Galicia dirixido ao sector da hostalería e outras actividades pechadas - TR500C

Persoas autónomas con ou sen persoal contratado, microempresas e pemes do sector da hostalería afectadas por peche conforme á normativa sanitaria.

Infografía

Programa II do II Plan de Rescate da Xunta de Galicia dirixido dirixido a outras actividades pechadas - TR500D

Persoas autónomas con ou sen persoal contratado, microempresas e pemes en actividades económicas diferentes da hostalería afectadas por peche conforme á normativa sanitaria.

Infografía