Obxectivo

Obxectivo

O Programa de Mentoring Traballo Autónomo 2024 promovido pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración en cooperación coa Fundación Ronsel ten como obxectivo contribuír á sustentabilidade social empresarial e á mellora da competitividade das persoas traballadoras autónomas de Galicia.

Deste xeito, o Programa busca apoiar de xeito personalizada a 200 persoas traballadoras autónomas para reducir os riscos na súa actividade profesional, acompañalas na adaptación ou transformación dos seus negocios ás necesidades de mercado e á situación actual, e contribuír, mediante melloras nas áreas de xestión e outras, ao incremento dos seus contactos profesionais e da súa actividade económica, así como das condicións de traballo asociadas para acadar un maior benestar laboral.


- PRAZO DE SOLICITUDE DE INSCRICIÓN ABERTO DO 29 DE MAIO AO 30 DE XUÑO DE 2024 -


Condicións

Condicións para participar

Neste Programa poderán participar ata un máximo de 200 persoas que:

  • Estean de alta como persoas traballadoras autónomas.
  • Se inscriban no programa de forma voluntaria a través do formulario deste portal dentro do período temporal marcado.
  • Teñan o seu domicilio fiscal en Galicia,

De entre as persoas que cumpran as anteriores condicións, estableceranse as seguintes limitacións de prazas:

  • Por antigüidade da actividade: 120 prazas para aquelas persoas traballadoras autónomas que leven alomenos 42 meses de actividade ininterrompida.
  • Por provincia: 82 prazas para a provincia da Coruña, 30 prazas para a provincia de Lugo, 22 para a provincia de Ourense e 66 prazas para a provincia de Pontevedra.

 

Inscrición

Inscrición no Programa

A inscrición para participar no Programa realizouse cubrindo o formulario que se atopaba neste portal.


Plan de acción

Plan de acción do Programa de Mentoring Traballo Autónomo 2024

O plan de acción do Programa abordarase seguindo as seguintes pautas:

  • Cada persoa traballadora autónoma participante asistirá a un obradoiro de formación online para coñecer o proceso do Mentoring e os seus protocolos de actuación e participará nas actividades de networking e outras que se programen, xa sexan virtuais e/ou presenciais.
  • A cada persoa traballadora autónoma participante asignaráselle un mentor ou mentora (“matching”) en función do tipo de apoio indicado na ficha de inscrición.
  • Cada “matching” celebrará un mínimo dunha reunión mensual, cunha duración estimada de 1 a 2 horas, e durante un período máximo de 6 meses.
  • Durante a relación de mentoring, poderanse solicitar de forma puntual “mentorías de apoio” para, de ser necesario, poder traballar outras áreas do negocio.
  • Ao finalizar o “matching” formalizarase o seu peche e analizaranse os obxectivos acadados.

 

Consulta

Tes algunha dúbida ou pregunta?

Se tes algunha dúbida ou pregunta, contacta coa Oficina do Emprego Autónomo e che axudaremos.