Axudas ás Iniciativas Empresariais de Base Tecnolóxica - IEBT 2025
Axudas ás Iniciativas Empresariais de Base Tecnolóxica - IEBT (TR340E) - 2025
Aberto o prazo da nova convocatoria destas axudas entre o 22 de abril e o 30 de setembro de 2025
As Inicitivas Empresariais de Base Tecnolóxica
Os proxectos empresariais para que poidan ser cualificados como IEBT deberán reunir os seguintes requisitos:
a) Que teñan condicións de viabilidade técnica, económica, financeira e comercial.
b) Que a actividade, produto ou servizo que vaian desenvolver, teña carácter innovador, contido científico ou base tecnolóxica. Os proxectos poderán desenvolver a súa actividade en calquera sector económico sempre que se trate dun negocio intensivo en coñecemento que precise actividades I+D e/o de innovación tecnolóxica.
c) Que se constitúa nunha empresa privada de nova creación, incluíndo persoas traballadoras autónomas, con centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Que se prevexa, no primeiro ano de actividade, a creación de emprego estable para persoas desempregadas rexistradas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, respectando a proporción dunha persoa con titulación universitaria por cada catro postos de traballo.
Procedemento de cualificación como IEBT
Para que unha empresa obteña a cualificación como IEBT, é preciso que a soliciten as persoas promotoras dos proxectos empresariais e das empresas constituídas, dentro dun prazo máximo dun ano anterior á data da presentación da solicitude de cualificación, sempre que non iniciasen a actividade.
Na seguinte ligazón tes, de modo gráfico e visual, os pasos para dar para solicitar a devandita cualificación, que está aberta durante todo o ano:
Adicionalmente, tes no seguinte enlace o acceso á normativa que regula este tipo de iniciativa empresarial:
Axudas ás IEBT 2025
Para este tipo de empresas, a Xunta de Galicia promove anualmente unha liña de axudas. Neste ano 2025 estas axudas teñen como finalidade impulsar a creación de novas iniciativas empresariais de base tecnolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia.
Tipos de axudas
As empresas cualificadas como IEBT poderán solicitar as seguintes modalidades de axudas dentro do primeiro ano de actividade:
a) Subvención á creación directa de emprego estable.
Os postos de traballo estables de carácter indefinido, incluídos os das propias persoas promotoras, creados nun centro de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia antes de transcorrer un ano desde a data de inicio da actividade e que sexan ocupados por persoas desempregadas, incentivaranse –cada un de eles– cunha contía base de 6.000 €.
Esta contía basee do incentivo será de 8.000 € por cada posto de traballo estable de carácter indefinido creado, cando a persoa desempregada atópese nalgún dos colectivos establecidos.
A contía base será de 12.000 € se son persoas desempregadas que posúan o título de doutor ou doutora.
As contías basee poderán incrementarse nun 25% nos casos establecidos.
b) Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade.
O importe máximo desta axuda determinarase en atención ao número de postos de traballo estables creados e subvencionados durante o primeiro ano de actividade, de acordo coa seguinte escala:
– 1 posto de traballo creado: ata 10.000 €.
– 2 postos de traballo creados: ata 18.000 €.
– A partir de 3 postos de traballo creados: ata 24.000 €.
No caso de que a IEBT estea constituída baixo a forma xurídica de cooperativa ou sociedade laboral, a axuda resultante nesta modalidade incrementarase nun 25 %.
c) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.
Co obxecto de favorecer a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras, concederase unha subvención do 75 % do custo dos servizos de gardería ou das persoas coidadoras, ata un máximo de 3.000 €, para aquelas persoas promotoras que teñan fillos ou fillas menores de 12 anos.
Co mesmo obxecto de favorecer a conciliación da vida familiar das persoas promotoras, concederase unha subvención do 75 %, ata un máximo de 3.000 €, do custo do centro ou dos servizos de coidado de persoas maiores de 70 anos e/o dependentes (graos I, II e III) ou cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, sempre que respecto delas acredite a súa relación de parentesco e a convivencia no mesmo domicilio, como mínimo, durante os tres meses anteriores á data da solicitude.
d) Apoio á función xerencial.
Para axudar á persoa promotora ou empresaria na toma de decisións necesarias para o bo funcionamento da empresa poderase financiar o apoio á función xerencial.
A contía do incentivo para o apoio á función xerencial será do 75 % do custo dos servizos recibidos, cun límite máximo de 5.000 € para a axuda á formación prevista na liña a), e cun límite de 10.000 € polo conxunto das modalidades de apoio á función xerencial previstas.
No caso de que a IEBT estea constituída baixo a forma xurídica de cooperativa ou sociedade laboral, a axuda resultante nesta modalidade incrementarase nun 25 %.