Subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas e a contratación de persoal de apoio TR358A

 Convocatoria 2023 aberta ata o 24 de febreiro de 2023 Tramitar na sede electrónica


A finalidade deste programa é a concesión das subvencións destinadas a sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas máis representativas de Galicia de persoas traballadoras autónomas, coa finalidade de apoiar de forma eficaz a consecución e o cumprimento dos fins que lles son propios, a través do programa de axudas ás entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas.

Esta axuda ten por finalidade sufragar os gastos de organización interna e funcionamento das entidades asociativas máis representativas de persoas traballadoras autónomas de carácter intersectorial, coa finalidade de apoiar a consecución e o cumprimento dos fins que lles son propios.

Tamén ten por finalidade sufragar a contratación ou a prórroga da contratación realizada ao abeiro da convocatoria do ano 2022 se fose o caso, dunha persoa técnica para a realización de funcións de asesoría e apoio directo ás persoas autónomas para a mellora da súa competitividade, integradas nas entidades asociativas máis representativas de persoas traballadoras autónomas de carácter intersectorial que obteñan a subvención da liña 1 desta convocatoria, coa finalidade de apoiar a consecución e o cumprimento dos fins que lles son propios.

Esta subvención ten dúas liñas definidas:

Liña 1, subvención as entidades asociativas para o seu funcionamento.

Liña 2, subvención para a contratación laboral ou prórroga da contratación dunha persoa que realice funcións de asesoría e apoio ás persoas autónomas integradas nas entidades asociativas.

Gastos subvencionables

Liña 1. Subvención ás entidades asociativas para o seu funcionamento.

a) Serán subvencionables os gastos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada, realizados no período comprendido entre o 1 de novembro de 2022 e o 31 de outubro de 2023. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

b) Consideraranse gastos subvencionables os seguintes gastos xerais:

Gastos de persoal. Neste concepto só se terán en conta o salario base e as cotizacións sociais, incluídas as pagas extraordinarias.

Arrendamentos de locais.

Servizos profesionais independentes.

Primas de seguros.

Publicidade e propaganda.

Material de oficina, fotocopias e imprenta.

Gastos de subministracións eléctricas, de telefonía, de gas, de auga, de limpeza dos locais e aloxamento e mantemento da web.

Cotas de subscrición a publicacións e inscrición en actividades e pola pertenza a outras organizacións autonómicas ou estatais.

Gastos de organización ou participación en congresos, seminarios, xornadas e outras actividades de natureza semellante, incluídos os gastos de desprazamento e manutención. A contía da subvención polos gastos de desprazamento e manutención, por participar nestas actividades, non poderá superar o 50 % do seu custo.

Gastos ocasionados pola elaboración de estudos e publicacións, pola realización de actividades de formación en Galicia ou pola implantación de proxectos ou programas de promoción do emprego autónomo en Galicia, en particular o programa de remuda xeracional dos negocios dos autónomos, incluídos, neste suposto, os gastos de desprazamento e manutención. A contía da subvención polos gastos de desprazamento e manutención por participar nestas actividades non poderá superar o 50 % do seu custo.

Gastos de arrendamento financeiro sen opción de compra (renting).

Liña 2. Subvención para a contratación laboral dunha persoa que realice funcións de asesoría e apoio ás persoas autónomas integradas nas entidades asociativas.

Co obxecto de asesorar e apoiar de maneira directa as persoas autónomas integradas nas entidades asociativas, será subvencionable a contratación dunha persoa técnica para a realización desas funcións, durante un período máximo dun ano no período comprendido entre o 1 de novembro de 2021 e o 31 de outubro de 2022, para as entidades asociativas que obtivesen a subvención da liña 1 desta convocatoria.

Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas nesta orde as entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas de carácter intersectorial cuxo ámbito de actuación comprenda todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e non sexa superior ao da Comunidade Autónoma.


Memoria final de actividades realizadas pola persoa contratada

Modelo de contidos e estrutura da memoria final


Publicación DOG