Programa Galicia Camiño Emprendedor - 2023
Presentación do Programa
A Xunta de Galicia, xunto coa Fundación Ronsel, pon en marcha una nova edición do programa Galicia Camiño Emprendedor, mentoría para persoas emprendedoras compartindo unha etapa do Camiño de Santiago.
O obxectivo principal de cada etapa é a mellora dos proxectos participantes e a xeración de contactos profesionais, empregando a metodoloxía de mentoría “Facendo Camiño”.
Obxectivos xerais do Programa
- Promocionar Galicia e o Camiño de Santiago como destino de ocio e actividade económica, recorrendo unha etapa en cada provincia galega.
- Apoiar ás persoas profesionais autónomas e empresarias, acompañándoas na consolidación e mellora dos seus negocios.
- Promover a sustentabilidade nas empresas de economía social, as persoas autónomas e persoas empresarias, vinculando os seus negocios aos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.
Obxectivos específicos para cada un dos negocios participantes no Programa
- Aliñarse cun dos ODS para construír e fomentar a súa sustentabilidade.
- Realizar e presentar un plan de acción a corto prazo baseado na información e os consellos recibidos durante a etapa.
- Xerar novos contactos e oportunidades de colaboración.
Obxectivos de desenvolvemento sostible
Poñemos o foco nas persoas e na sustentabilidade dos seus negocios, aliñándoos cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Metodoloxía do Programa
Metodoloxía “Facendo Camiño” coa que traballaremos durante as etapas: Mentoring para emprendedores no camiño.
Podes coñecela en maior detalle a través do seguinte vídeo:
Datos de interese do Programa
- Cada etapa ten un máximo de 6 prazas dispoñibles para persoas emprendedoras e 6 prazas dispoñibles para persoas mentoras, que se adxudicarán por orde de inscrición. Unha vez cubertas as 6 prazas dispoñibles de cada tipo, habilitarase unha lista de espera para que poidan inscribirse as persoas interesadas.
- Cada persoa só poderá inscribirse nunha etapa (salvo que haxa prazas vacantes).
- A organización cubre os custos das persoas participantes dende o punto de saída ata o punto de chegada (incluíndo pasar a noite).
- Existe un seguro de cobertura de accidentes que cubre ás persoas participantes nas etapas.
- Para maior información, escribir un email a: gce@fundacionronsel.org