Programa II Axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas


 O prazo para presentar solicitudes estivo aberto entre o 5 de agosto e o 30 de setembro de 2021.



Este programa ten como obxecto promover no 2021 os incentivos á contratación indefinida inicial e á formación de persoas desempregadas realizadas polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

O programa componse de duos tipos de bonos:

  • Bono de contratación, por medio do cal proporcionarase unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

Para este bono, as contías máximas posibles, de aplicarse todos os incrementos definidos, serían:

– Para a primeira persoa traballadora indefinida 16.250 €.

– Para a segunda e terceira persoa traballadora indefinida 22.500 €.

  • Bono de formación (opcional) dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo

As persoas autónomas que así o soliciten poderán ser beneficiarias dun bono para a formación das persoas traballadoras subvencionadas por medio do programa de bono de contratación previsto na orde.

Esta formación incentivarase, no caso das contratacións indefinidas iniciais cunha axuda de 4.000 € por cada persoa traballadora dada de alta nun contrato indefinido que en ambos casos cumpran os requisitos establecidos na orde.


Definicións

Tal y como establece el artículo 5 de la orden que publica las bases y la convocatoria para el año 2021, persona desempleada es aquella que figure inscrita como demandante de empleo en el Servicio Público de Empleo y que, a su vez, carezca de ocupación según el informe de vida laboral de la Tesorería General de la Seguridad Social y, en su caso, según certificado de la mutualidad del colegio profesional, en la fecha de alta en el correspondiente régimen de la Seguridad Social o mutualidad de colegio profesional.

Do mesmo xeito, defínese acción formativa como aquela formación a impartir, ben con medios propios da entidade beneficiaria ou ben a través dunha entidade externa ou expertos, co obxecto de que a persoa traballadora participante adquira coñecementos e habilidades en relación co posto de traballo a desenvolver na empresa participante no marco do programa

Acceso á ficha da axuda